Skip to Content
Teléfono: 982 82 82 37

SAÍDAS NO 2º TRIMESTRE:

EDUCACIÓN INFANTIL


Despois de ir a moer o trigo ao muíño fariñento de Soldón de Sequeiros os nenos e nenas de Educación Infantil, xunto cos seus mestres e mestras, tocounos amasar a fariña xunto coa auga, o sal, o formento e a levadura. E poidemos coller a tódolos nenos e nenas coas mans na masa, para velos so tedes que premer na seguinte imaxe:



1º CICLO ED PRIMARIA


Visitaron o Museo do Ferrocarril en Monforte de lemos e outros lugares de interese. Para ver as fotos premede na seguinte locomotora:



2º CICLO ED PRIMARIA


Os nenos e nenas do 2º ciclo de Educación Primaria, xunto cos seus mestres Pepe Pol, Carmen Neira e Santiago Pérez, visitaron a cidade de Monforte de Lemos o venres 8 de abril de 2011. Para ver as fotos preme na imaxe de máis abaixo:



3º CICLO ED PRIMARIA:


Os nenos e nenas do 3º ciclo de Educación Primaria visitaron o pasado 7 de abril de 2011 a cidade de Ourense, xunto cos seus mestres e mestras, Ana Mª Núñez, Javier Gómez, Teresa Gallego e Rocío Méndez. Para ver as fotos preme na seguinte imaxe:



 

VISITA DE PEPE CARREIRO - AUTOR DE "OS BOLECHAS"

O pasado mércores visitounos no noso colexio o autor de "Os Bolechas", Pepe Carreiro, quen nos explicou como realiza os seus debuxos e aprendemos moito con él.


Esta actividade foi realizada na Biblioteca do centro e foi facilitada pola familia de Xabier Artime, alumno de 1º de Educación Primaria, a quen llelo agradecemos moito.


Para ver as fotos preme na portada do seguinte libro:


EDUCACIÓN INFANTIL:

Os nenos e nenas de Educación Infantil acompañados polos seus mestres: Mª José, Margarita. Ana Isabel, Vicente e a coidadora Marga, visitaron un muiño fariñento en Soldón de Sequeiros, propiedade de Luis Vicente Arias "Cañero" e pasámolo moi ben. Vimos como o trigo se convertía en fariña, como se separaba a fariña do salvado, etc. Para ver as fotos preme nesta imaxe:



Nesta semana tamén celebramos os aniverasrios dos nenos e nenas que cumprían anos neste segundo trimestre. Para ver as fotos preme no seguinte icono:


ADMISION DE ALUMNADO PARA O CURSO 2011-2012:

Recordamos a toda a Comunidade Educativa que se atopa aberto o prazo para solicitar a admisión de novo alumnado para o curso 2011-2012.


Acudan ao CEIP de Quiroga en horario de 12 a 13 horas, de luns a venres.


 

HISTORIA DA MULLER EN GALICIA CONTADA POLAS NENAS DE QUIROGA

O día 8 de marzo conmemórase o día Internacional da Muller, no centro celebrámolo o 11 de marzo. O Departamento de Orientación e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega elaboraron un vídeo sobre a historia da muller galega ao longo do tempo, dende as mulleres druídas ata a actualidade. Para que fose posible, contamos coa colaboración das rapazas de 5º e 6º de Educación Primaria que aportaron as súas voces para as diferentes mulleres.


VÍDEO HISTORIA DA MULLER GALEGA


 


Despois de ver o vídeo realizamos diferentes actividades:
- Educación Infantil e o 1º ciclo fixeron actividades elaboradas no centro co LIM sobre a historia da muller galega.

ACTIVIDADES LIM INFANTIL

ACTIVIDADES LIM 1º CILO

ACTIVIDADES LIM 2º E 3º CICLO

- De 3º a 6º de Primaria os alumnos e alumnas participaron nunha carreira de orientación polas instalacións do centro, na que os alumnos tiñan que ir atopando tarxetas con preguntas sobre o vídeo que tiñan que contestar para poder proseguir buscando tarxetas.

8 DE MARZO - DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

O Día Internacional da Muller Traballadora, tamén coñecido como Día Internacional da Muller, conmemorado cada 8 de marzo, é unha xornada que celebran os grupos femininos en todo o mundo. Esa data conmemórase tamén nas Nacións Unidas e é festa nacional en moitos países. Cando as mulleres de tódolos continentes, a miúdo separadas por fronteiras nacionais e diferenzas étnicas, lingüísticas, culturais, económicas e políticas, se unen para celebrar o seu Día, poden contemplar unha tradición de non menos de 90 anos de loita a prol da igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento.



O mércores, día 2 de marzo, dúas integrantes do CIM (Centro de Información á Muller), Marisa e Lucía, levaron a cabo un obradoiro titulado "Mulleres do mundo na actualidade", que tratou de ofrecer unha visión da muller actual, facendo un percorrido pola biografía de diversas mulleres actuais destacadas nos máis variados ámbitos da sociedade. Se queres ver as fotos preme no seguinte enlace:


ENTROIDO 2011:

O pasado venres 4 de marzo os nenos e nenas do CEIP de Quiroga, acompañados polos seus mestres e familiares, realizaron un pasarrúas pola Rúa Real para amosar os seus fermosos disfraces. Se queres ver as fotos deste evento preme no seguinte enlace:



- Educación Infantil: Cabaleiros da Orde de Malta.


- 1º ciclo Educación Primaria: Bob Esponja.


- 2º ciclo Educación Primaria: Banda de música.


- 3º ciclo Educación Primaria: Piratas.


 VIDEO DE PRESENTACIÓN


 


 



ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2011 - 2012:

Atópase aberto o prazo para o proceso de admisión de novo alumnado para Educación Infantil e Educación Primaria.


Prazo: do 1 ao 31 de marzo, ambos inclusive.


Horario de Secretaría: de 12 a 13 horas.


Nos arquivos adxuntos pode consultar o Decreto 30/2007 de 15 de marzo que regula a admisión en Centros sostidos con fondos públicos e a Orde de 17 de marzo que desenrola o anterior Decreto.


Asimesmo pode consultar as instrucións para realizar o proceso de matriculación e descargar os impresos correspondentes.


Decreto 30/2007, do 15 de marzo, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación.


Orde do 17 de marzo de 2007 pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado no segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos

Distribuir contido


by Dr. Radut