Skip to Content
Teléfono: 982 82 82 37

A AVENTURA ESTÁ NO MAR

 

 O martes 16 de novembro de 2010 no noso colexio tivemos unha actividade moi pedagóxica e divertida: os alumnos e alumnas de Educación Primaria participaron nas actividades da campaña da Xunta de Galicia "O sabor da aventura está no mar".

 A través dun divertido relato coñeceron distintos peixes e formas orixinais e atractivas de preparalos:

- Hamburguesa de sardiña.

- Lasaña de xurelo.

- Pizza de lirio.

- Paella de rodaballo.

- Fideuá de mexilóns.

- Albóndegas de pescada.

- Croquetas de troita.

 Despois, no comedor, poidemos degustar un destes pratos: "Fideuá de mexilóns".

 Esta campaña consiste en poder degustar no comedor escolar, ata as vacacións de Nadal, sete pratos preparados a base de peixe, como primeiro ou segundo prato.

 As datas previstas son: 16, 24, 25 e 29 de novembro e 9, 13 e 16 de decembro. Polo tanto, neses días o menú mensual poderá sufrir algunha modificación.

 No CEIP de Quiroga estamos concienciados da importancia dunha alimentación sa e equilibrada, por iso, nos parece moi interesante a participación do noso alumnado neste tipo de actividades.

Para ver as fotos deste evento no noso centro preme nesta imaxe

MAGOSTO 2010

 

 O pasado mércores día 10 de novembro celebramos o Magosto no noso cole. Os nenos e nenas do CEIP de Quiroga foron traendo no transcurso desta semana este produto outonal tan rico, as castañas.

Neste día, pola mañá realizamos diferentes talleres e obradoiros, como podedes ver nas fotografías e xa pola tarde colgamos os nosos traballos polos corredores do colexio e baixamos para o patio para degustar ese manxar exquisito, castañas asadas. Despois tamén tivemos tempo para o ocio, xogando e bailando ata non poder máis. Pasámolo de marabilla!!!

Para poder ver as nosas fotos preme na seguinte imaxe               

VER MURAIS DO MAGOSTO 2010

VER VIDEO: MAGOSTO 2010 - CEIP DE QUIROGA 

 

CUENTO: LA CASTAÑERA

Resultados da Enquisa: "Un nome para o programa de radio"

 

 Despois de coñecer os resultados da enquisa levada a cabo para buscar un nome para o programa de radio, elaborado polo CEIP de Quiroga e emitido pola RTMQ, temos que dicir que ditos resultados acabaron da seguinte forma:

- A onda dos rapaces: 21%

- Radio cole: 7%

- O eco do noso cole: 72%

Polo que desde o CEIP de Quiroga queremos agradecer a vosa participación en dita enquisa e dicirvos que o nome para o noso programa de radio será:

O ECO DO COLE

Este programa emitirase no mes de decembro. Xa avisaremos con antelación por diferentes medios.

CALENDARIO DE PARTIDOS:

 

 Se queres seguir a clasificación, pichichis e resultados da Liga Internacional do CEIP de Quiroga preme no seguinte enlace:

 - PARTIDOS DE FÚTBOL NO CEIP DE QUIROGA

Proxecto "Yo vivo en Quiroga"

 

 Neste curso 2010 - 2011 en Educación Infantil levamos a cabo un proxecto anual denominado "Yo vivo en Quiroga". Se queres ver algunhas actividades realizadas polo Equipo docente de Educación Infantil preme no seguinte enlace:

       PROXECTO "YO VIVO EN QUIROGA"

GALERÍA DE IMAXES: "FOTOS ANTIGAS DE QUIROGA"

(En ambas actividades premer en "Entrar como convidado")

 

PAPÁ E MAMÁ COLABORAN NO NOSO PROXECTO:

 Elena Arias Pacheco de 5º de Educación Infantil, xunto a seu pai Roberto Arias e súa nai Aura Pacheco, colaborou na elaboración dun libro no que recolle a historia de "Os celtas de Paradaseca". Para velo preme no seguinte enlace:

OS CELTAS DE PARADASECA

Brais Fernández González coa axuda de seus pais Antonio e Mª Jesús e coa axuda de súa irmá Antía elaborou un callejero de Quiroga moi orixinal, con fotografías dos lugares máis destacados na nosa vila.

Diego Arias González agasallounos con varios escudos de Quiroga.

   

+ actividades en Educación Infantil

CONTO QONTIGO

 

 Os nenos e nenas de 1º curso de Educación Primaria ata o 4º curso de Educación Primaria poideron disfrutar o xoves 21 de outubro dun programa de animación á lectura chamado CONTOQONTIGO, realizada por OQO editora e subvencionado pola Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo. Contamos coa necesaria colaboración do Concello de Quiroga que nos permitiu o uso do pavillón polideportivo. Queremos darlle as gracias aos traballadores do concello que se encargan do pavillón (Andrés e Consuelo) pola súa axuda. Para ver as fotos preme neste enlace.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut