INFORMACIÓN XERAL
Decreto de admisión de alumnado.
Orde de admisión do 12 de marzo de 2013.
Orde do 25 de xaneiro de 2017. Modificación da orde de admisión.
Orde do 18 de decembro de 2020. Modificación da reserva en centros adscritos.
RESERVA DE PRAZA. DO 11 DE XANEIRO AO 8 DE FEBREIRO. Reserva de praza para o alumnado de 6º de E. Primaria do noso centro que desexe ser adscrito ao IES RAFAEL DIESTE.
- RESERVA DE PRAZA ON-LINE: IMPRIMIR E ENTREGAR NO COLEXIO
- IMPRESO EN PAPEL: CUMPRIMENTAR E ENTREGAR NO COLEXIO (pódese solicitar un modelo na conserxería).
- O impreso de reserva de praza deberá ser asinado polos proxenitores.
Importante!!
- Se non desexa que o seu fill@ continúe os seus estudos no IES Rafael Dieste, deberá participar no proceso xeral de admisión como se fose alumnado novo, debendo presentar cumprimentado o Anexo II de admisión no centro da súa preferencia, do 1 ao 20 de MARZO.
- A non reserva da praza neste período, causa perda do dereito preferente a una praza no instituto adscrito.
- A reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de admisión noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
A entrega das solicitudes farase en horario de secretaría con cita previa: Chamar ao 981 25 53 30
- O alumnado admitido deberá formalizar a súa matrícula no IES dende o 25 de xuño ao 10 de xullo.