Skip to Content

Blog Medioambiental

NO INVERNADOIRO....

Neste mes de abril comezamos os traballos de mantemento do invernadoiro, para aproveitar cando ven a nosa amiga Malú, para facer a nosa plantación de primaveira. 

 

 

Rosalía de Castro e a horta

O alumnado de 3º de Educación Primaria fixo un traballo co motivo da celebración do día de Rosalía de Castro, o 23 de febreiro, relacionado coa horta.

Recitaron o poema "Miña casiña, meu lar" que é un poema a través do cal, Rosalía de Castro, deixa constancia das duras condicións de vida que tiñan que sufrir.

A poetisa explica como a protagonista deste poema trata de saciar a súa fame pedindo algúns alimentos aos seus veciños, que lle negan a axuda, polo que termina buscando entre o pouco que ten en casa os ingredientes para cociñar un humilde caldo.

Probando o kale

O alumnado de diversos cursos, tivo unha primeira toma co kale. Esta é unha variedade de col, do grupo da berza que alcanza entre os 30 e 40 cm de altura e ten follas verdes características moi rizadas.
Recoñeceron e recolleron na horta o kale. Logo lavaron as follas e as colocaron nas bandexas para que a mestras posteriormente o meteran no forno e o sacaran, para finalmente probar estes chips de Kale. Foi unha experiencia moi satisfactoria par os nenos e nenas.
 
 

Plantación de semilleiros 3 anos.

Os pequerrechos e pequerrechas do cole de 3 anos, comezaron coa súa plantación de leitugas e fabas  nos semilleiros.

Poñendo en marcha a nosa horta

Este curso 2023/24 comezamos traballando duro para poñer a punto a nosa horta. Os cursos anteriores tivemos unha gran colleita de verduras, hortalizas, prantas aromáticas...e este ano non vai ser menos. Alá imos!

Distribuir contido


by Dr. Radut