Skip to Content

Actividades

ATREVETE

Este venres 23 o alumnado de 5º e 6º desprazouse a Lugo, para visitar o CFIFP Politécnico de Lugo dentro do programa ATREVETE. Viron as diferentes especialidades que se poden cursar alí ademais de recibir unha boa información sobre elas.

THANKSGIVING DAY

Este mércores celebramos toda a comunidade educativa o THANKSGIVING (o Día de Acción de Gracias) con Audrey, a nosa auxiliar de conversa este curso.

Todos os cursos demos as grancias por algo e rematamos comendo o típico pavo.

CHARLA PARA 5º E 6º DE PRIMARIA

Este mércores 21 o alumnado de 5º e 6º recibiron unha charla programada dentro do PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA, no que se tratan temas tan importantes como os perigos da internet, o caso, as adiccións, etc.

TALLER DE XADREZ

Durante esta semana Oscar Ramallal, o noso compañeiro en prácticas, levou a cabo un taller de xadrez cos nenos e nenas de 1º e 2º de primaria.

MAGOSTO 2018

O pasado venres 16 celebramos no Cole o noso MAGOSTO. Como todos os anos tivemos xogos tradicionais, carreira de sacos, andar en zancos, a corda, encestar castañas, etc. Asamos castañas e despois comémolas cun batido.

 

CHEGOU O SAMAIN AND HALLOWEEN

Hoxe celebramos no cole o SAMAIN e o HALLOWEEN. Trouxemos moitas cabazas moi decoradas e con moito traballo. Os nenos e nenas de 5º e 6º disfrazáronse e repartiron chucherías. O cole estaba moi decorado.

Moitas grazas a todas as familias pola vosa colaboración.

DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Este mércores 24 de outubro celebramos no cole o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. Este curso baixo o lema POETICAS DIVERSAS. Así, o equipo da biblioteca organizaou unha búsqueda do tesouro no que ao rematar formábamos un poema que tiñamos que recitar.  Finalmente xuntámonos todos na Biblionova e cada clase leu o seu poema e o colocamos nun mural.

CHARLA CONSUMO DE LACTEOS

O pasado día 10 todo o alumnado de primaria do cole recibiron uns talleres sobre a importancia do consumo de lácteos, frecuencia coa que se deben consumir, etc.

FIN DE CURSO 2017-2018

Este 21 de xuño rematamos o curso 2018-2019. Tivemos un pequeno FESTIVAL, con actuacións musicais, concertos, bailes, chistes, adiviñas, etc. e como non graduamos aos nosos alumnos de 6º de educación infantil, que pasan para primaria e aos nosos alumnos de 6º de primaria, que nos abandonan para iniciar unha nova etapa no IES. Desexámoslles a todos moita sorte e moitos éxitos na súa vida. 

COÑECE AS TUAS INSTITUCIÓNS

O venres 15 de xuño os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria viaxaron ata Santiago de Compostela para, dentro do programa Coñece as túas institucións, visitar a sede da Xunta de Galicia e o Parlamento galego. Tamén houbo tempo para o ocio.

Aquí tedes algunhas fotos:

Distribuir contido


by Dr. Radut