Skip to Content

Actividades

ENTROIDO 2019

O venres 1 de marzo celebramos o ENTROIDO. Como sempre, disfrazámonos, desfilamos, queimamos o meco, merendamos e bailamos. Este curso os disfraces xiraron en torno ao PDI que estamos a traballar, a Educación Vial.

Aqui tedes algunhas fotos:

DIA DE ROSALIA DE CASTRO

Hoxe conmemoramos o DIA DE ROSALIA. Durante a Hora de Ler todos os cursos recitamos poesías de Rosalía, incluso en inglés e cantamos unha canción de Álvaro Cunqueiro.

DIA DA PAZ

Hoxe celebramos o DIA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA. Os nenos e nenas de 6º explicáronnos que era o que celebrábamos e porque. Os nenos e nenas de 1º e 2º cantaron unha canción con "pictos" e o resto cantamos todos o Himno da Alegría acompañados polos nenos e nenas de 5º e 6º á frauta.

PROXECTO EDUCATIVO DE EDUCACIÓN SEXUAL

Posto en marcha dende a Deputación Provincial de Lugo, os nenos e nenas de 6º de primaria participan no PROXECTO EDUCATIVO DE EDUCACIÓN SEXUAL DIRIXIDO AO ALUMNADO DE SEXTO DE PRIMARIA DOS COLEXIOS PUBLICOS DA PROVINCIA DE LUGO. Este proxecto consiste en dúas charlas dunha hora o luns 28 e o mércores 30 de xaneiro.

DIA DE TEATRO EN LUGO

Este venres 25 o alumnado de educación infantil e de 1º e 2º de educación primaria asistiron no Auditorio Gustavo Freire á representación da obra de teatro "BURBUJAS DE PAPEL".

TEATRO EN LUGO

Este mércores comezamos o segundo trimestre cunha viaxe a Lugo o alumnado de 3º a 6º de primaria para asistir á representación da obra de teatro "TARZAN" en inglés.

Esta vez temos poucas fotos porque averióusenos a cámara e saíron todas movidas.

BO NADAL E VENTUREIRO ANO 2019

Aquí tedes algunhas fotos do noso FESTIVAL DE NADAL e da VISITA DE PAPA NOEL. Tivemos obras de teatro, panxoliñas, poemas, regalos... Gracias a todos pola vosa colaboración e ás familias por acompañarnos.

 

40 ANIVERSARIO DA CONSTITUCIÓN

Hoxe celebramos o 40 aniversario da nosa Constitución. Tamén celebramos o Estatuto de Autonomía de Galicia. Para elo xuntámonos todos na Biblionova e o alumnado de 6º de primaria explicounos que estabamos a celebrar e compuñeron uns powerpoints para que poideramos entendelo mellor.

TRABALLAMOS NO INVERNADOIRO

A pasada semana tivemo varios día indo traballar no invernadoiro. Labramos produtos de inverno e fixemos unha recollida que levamos para a casa.

MES DA CIENCIA NA BIBLIONOVA

Durante este mes celebramos na BIBLIONOVA o MES DA CIENCIA. Tivemos moitos cousas para ver e para descubrir na biblioteca e rematamos este mes da ciencia coa semana dos experimentos. O luns tocoulle a 1º e 2º cos experimentos de O leite máxico e A auga que camiña. O martes tócalle o turno a 5º cos experimentos A pataca eléctrica, Explotar un ovo a distancia e A laranxa lanza lapas. O mércores o turno é para 6º co Ovo que salta e A auga que sube.

Distribuir contido


by Dr. Radut