Skip to Content

Actividades

ENTROIDO 2020

Seguuindo a temática do noso PDI deste curso, Sementar sementarei... hoxe celebramos o noso desfile de Entroido.

COMEZOU A COLLEITA

Os nenos e nenas de infanitl xa comezaron a súa colleita no invernadoiro. Sementar sementarei...

ATREVETE

Un curso máis o alumnado de 5º e 6º de primaria acercouse a Lugo a visitar o Instituto Politércnico para dentro do programa ATREVETE, coñecer a oferta formativa do mesmo.

VIDEO DIA DA PAZ

DIA ESCOLAR POLA PAZ

Hoxe conmemoramos o DIA ESCOLAR POLA PAZ, e de acordo co noso PDI deste curso, coas nosas SEMENTES POLA PAZ e coa grabación dun video de todo o colexio,  que tentaremos subilo para que o poidades ver.

VIAXE A LUGO DE 5º E 6º

O alumnado de 5º e 6º de primaria asistiu este xoves 16 de xaneiro ao Auditorio Gustavo Freire para asistir a unha obra de teatro en inglés, Alice's Adventure.

FESTIVAL DE NADAL CURSO 2019-2020

O pasado venres 20 de decembro tivemos o noso tradicional FESTIVAL DE NADAL, co que despedimos o primeiro trimestre. Tivemos a visita de Mamá Noel, sorteo de lotería, cancións, bailes, teatro, flauta e cantamos todos xuntos un villancico para rematar, as familias, os nenos e os profes.

TEATRO EN LUGO

Este martes 10 de decembro o alumnado de 1º a 4º de primaria viaxou a Lugo para asistir no Auditorio Gustavo Freire a unha obra de teatro "A NENA E O GRILO MAIS ALO". Despois comemos e xogamos un rato no parque.

DIA DA CONSTITUCIÓN E DO ESTATUTO DE AUTONOMIA

O xoves 5 de decembro celebramos o DIA DA CONSTITUCIÓN E DO ESTATUTO DE AUTONOMÍA. O alumnado de 6º de primaria contounos a razón desta celebración.

INFONADAL

Dentro das actividades centradas no noso PDI deste curso, "Sementar, sementarei e consumidor responsable serei", hoxe tivemos unha charla da Escola Galega do Consumo INFONADAL, onde aprendemos a "consumir" dunha forma responsable durante o Nadal.

Distribuir contido


by Dr. Radut