ADMISIÓN ALUMNADO - BAREMACIÓN

Nos niveis de 1º e 3º de Educación Primaria presentáronse máis solicitudes que prazas ofertadas, polo que hai que BAREMAR as solicitudes presentadas.

Os solicitantes teñen que presentar a documentación acreditativa dos criterios alegados para baremación.

Só será necesario presentar a documentación relativa aos criterios de domicilio fiscal, renda per cápita  da unidade familiar, condición de familia numerosa e de discapacidade do alumnado, nai/pai, titor ou irmás/irmáns recoñecida pola Xunta de Galicia, cando a persoa interesada NON autorizou expresamente na solicitude a consulta automática a través de admisionalumnado.

Todos/as solicitantes teñen que presentar:

Certificado de empadroamento con un mínimo de antigüidade no domicilio da unidade familiar.

Certificado do lugar de traballo emitido pola empresa no caso de que se alegara dito criterio.

Certificado de minusvalía ou incapacidade que non sexa recoñecido pola Xunta de galicia.

O prazo para a presentación é dende o día 23 de marzo ata o 5 de abril, ámbolos dous inclusive.

Remate da campaña postais solidarias

31/01/2018 20:48
Atlantic/Bermuda

Case 2100 postais solidarias de nadal feitas polos nenos e nenas e repartidas nos establecementos do CCA de Arteixo. Nun breve acto no centro fíxose entrega dos vales por valor de 315€ para alimentos frescos a Cáritas e de 160€ para material escolar aos nenos e nenas de 2ºD do noso colexio.

VÍDEOS E FOTOS DA DESPEDIDA DO ALUMNADO DE 6º (curso 15-16)

Nas seguintes ligazóns quedan a vosa disposición as fotos e os vídeos da despedida do alumnado de 6º celebrada no Centro Cívico nos derradeiros días de xuño.

VÍDEOS

FOTOS

Hora do código

Durante os días 9, 10 e 11 de decembro celebraremos no centro a Hora do código. participarán máis de 300 nenos e nenas do noso colexio. Estes nenos e estas nenas serán parte dos máis de 100 millóns que participaran na hora do código en máis de 180 paises de todo o mundo

hora_do_codigo

Máis información aquí

FEIRA DO LIBRO SOLIDARIO

18/04/2015 09:22
Atlantic/Bermuda

Todo un éxito a celebración da I Feira do Libro Solidario.

O noso agradecemento ás familias, ao alumnado , ao equipo de biblioteca e ao profesorado pola súa colaboración

Nota. Grazas a  Patricia Lale e a ANPA Ponte dos Brozos podemos ver a reportaxe sobre a feira pois, segundo parece, a productora decidiu non emitila.

 

feira do libro solidario - 23 de abril

Distribuir contido