AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO ESCOLAR 2020/2021

AXUDAS LIBROS E MATERIAL PARA EDUCACIÓN PRIMARIA. CURSO 2020/2021

 

NORMAS BÁSICAS DE ACCESO AO RECINTO ESCOLAR. Só con cita previa

- Só se accederá á secretaría do centro previa cita

- O horario de atención ao público é de 9.30 a 12.00 horas

- O centro estará aberto exclusivamente para entregar documentación relativa á presentación da axuda de libros e material escolar. Para calquera consulta poderán poñerse en contacto con nós por teléfono ou correo electrónico.

- De ser o caso, farase a cola no exterior do pavillón administrativo mantendo as distancias de seguridade.

- Acudirá únicamente unha persoa por familia. 

- Sempre que sexa posible, non traian aos nenos ao colexio. No caso de que teñan que vir con eles, terán que permanecer da man do adulto todo o tempo. 

 

Prazo de presentación: do 20 de maio ao 19 de xuño, ambos incluidos. 



Presentación: 

 

  1. Dixitalmente: aquí (fondo de libros)

a1. Presentación sede electrónica

a2. Presentación en papel no centro



  1. Presentación no centro cuberta manualmente



HORARIO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES NO CENTRO: 9.30 A 12.00 H con CITA PREVIA no teléfono 881960506 (de 9.00 a 13.00 h)

 

Impresos: Descarga aquí ou recollida na conserxería do centro de 9.30 a 12.00 h, SEN CITA PREVIA.

 

ALUMNADO DE 3º A 5º DE EP: Imprescindible devolución dos libros de texto que teñan en casa en préstamo no momento de entregar a solicitude.

 

No caso de facer o trámite dixitalmente, entrega dos libros na conserxería (sen cita previa).

 

CALENDARIO DE PRAZOS

DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR

De ter que solicitar un CERTIFICADO DE EMPADROAMENTO, este debe ser HISTORICO E COLECTIVO. Poden empregar este formulario 

 

ACLARACIÓNS DA CONVOCATORIA

 

AXUDA PARA CUBRIR A SOLICITUDE

BAREMO DAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO: 2020-21

 

Unha vez rematado o prazo de entrega de solicitudes de admisión para NOVO alumnado, informamos do número de solicitudes recibidas en prazo e forma:  

 

 

As solicitudes presentadas para 6º de Educación Infantil e 1º de Primaria deben baremarse,  e polo tanto, as familias deberán entregar a documentación solicitada,  entre os días 19  e 26 de maio

  

 

Unha vez rematado o proceso de baremación, publicaremos a Resolución Provisional de todos os cursos nesta mesma web ante do día 9 de xuño.

REAPERTURA DO PRAZO PARA O PROCESO DE ADMISIÓN DO NOVO ALUMNADO (CURSO 2020/2021)

REAPERTURA DO PRAZO PARA ADMISIÓN DE ALUMNADO

 (Próximamente anunciaranse os prazos para solicitude de libros e transporte escolar)

 

      Do 11 ao 18 de maio (ambos inclusive)

Consulta do novo calendario de admisión aquí.

      Horario de secretaría: de 9:30 a 12:00

Os impresos descargaranse dende esta páxina ou recolleranse na conserxería do centro.

NORMAS BÁSICAS DE ACCESO AO RECINTO ESCOLAR

         - O centro estará aberto exclusivamente para entregar documentación relativa á admisión de alumnado. Para calquera consulta poderán poñerse en contacto con nós por teléfono ou correo electrónico.

           - Farase a cola no exterior do pavillón administrativo mantendo as distancias de seguridade.

             - Acudirá únicamente unha persoa por familia. 

            - Sempre que sexa posible, non traían aos nenos ao colexio. No caso de que teñan que vir con eles, terán que permanecer da man do adulto todo o tempo. 

 

Para consultar todo o proceso, acceda aquí.

 

 

 

PUBLICACIÓN DA SEGUNDA AVALIACIÓN NA APP DE ABALAR

En cumprimento das instrucións dadas pola Consellería de Educación o día 27 de marzo a tódolos centros educativos da comunidade, comunicamos que o VENRES día 3 de abril, ás 12:00 horas, publicaranse os boletíns de notas do 2º trimestre na aplicación ABALARMÓBIL. Lembrade que para poder descargar a aplicación é necesario que coincida o número de teléfono que figura no XADE co número en uso do dispositico onde se desexe aloxar a aplicación. Adxúntase o arquivo co manual de instalación e outro co manual de uso.

No caso de que non esteades seguros de que o número de teléfono do XADE sexa o que tedes actualmente en uso, poñédevos en contacto co titor/a correspondente. Grazas.

 

GUÍA ABALAR MÓVIL PARA FAMILIAS

 DÍPTICO ABALAR MÓVIL FAMILAIS

IMPORTANTE. 16-3-2020

Segundo o Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, o centro PERMANECERÁ PECHADO.

Para consultas URXENTES, atenderemos no teléfono do centro no horario de 10 a 13 horas e no correo electrónico. ceip.ponte.brozos@edu.xunta.gal.

Lembramos que o proceso de admisión está parado ata o reinicio das clases.

Moita grazas pola vosa colaboración.

#nósquedamosnacasa

PROCESO SOLICITUDE ADMISIÓN CURSO 2020-2021 (ACTUALIZADO A 15-03-2020)

Segundo o Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo. polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19:

Queda suspendida a actividade educativa presencial en todos os centros educativos (artigo 9). Así mesmo, quedan suspendidos os prazos administrativos para a tramitación de procedementos das entidades do sector público. O prazo retomarase cando remate a vixencia do Real Decreto, ou no seu caso, as prórrogas da mesma (Disposición adicional terceira).

Remitimos tamén ás instruccións dadas pola Consellería de Educación o 13 de marzo, á espera da publicación no DOG das últimas concrecións. 

Novas instrucións en relación co COVID-19

Ven, 13/03/2020 - 13:56

Instrucións do 13 de marzo de 2020, provisionais dirixidas ás direccións dos centros educativos de ensino non universitario sobre a concreción das medidas a adoptar  en relación coa pandemia covid-19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o 16 de marzo de 2020

 

1. PROCESO DE ADMISIÓN

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes

Distribuir contido