SUSPENSIÓN DE CLASES. COMUNICADO OFICIAL

Dacordo co informado hai uns intres polo Xefe do Servizo de Inspección e, segundo o comunicado en rolda de prensa polo Presidente da Xunta, suspéndense as actividades lectivas nos centros educativos de Galiciaoficialmente o luns 16/03/2020

e de xeito recomendable a partir de mañá 13/03/2020.


Para calquer información adicional consultar a páxina web da Consellería de Educación.

O que se comunica para coñecemento e os efectos oportunos.

A Inspectora de Educación.

  

PARA MÁIS INFORMACIÓN: A medida que o centro reciba máis información oficial, será compartida coas familias a través desta mesma web.

 

PROCESO DE ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2020-21

 

 

1- PRAZO:

 

 

 

 

 

 

2- DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR: 

 

Impreso da solicitude de admisiónED550B, pode recollerse na secretaría

Descargar en galego castellano

 

Tamén poden optar por acceder á aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/   e cubrilo telemáticamente, imprimir e presentar en secretaría ou ben cubrilo telemáticamente e asinalo na Sede Electrónica.

  • Copia e orixinal do libro de familia, DNI/NIE do alumno ou documentación acreditativa do requisito de idade.
  • Para alumnado procedente doutro centro deberán achegar tamén unha certificación de matrícula do centro de procedencia.

  • En caso de separación xudicial ou divorcio, deberán presentar o convenio regulador ou resolución xudicial.

  • Se solicitan unha praza para alumnado con NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) achegarase a documentación que acredite as circunstancias que fundamentan esta petición, derivada de discapacidade física, psíquica ou sensorial, de sobredotación intelectual ou de trastornos graves da conduta. Dende o Departamento de Orientación do centro, contactarán coa familia para formalizar unha avaliación psicopedagóxica e trasladar a información á Inspección Educativa. O centro contactará coa familia para informar da resolución. 

3- ZONAS DE INFLUENCIA:

  1. Santiago de Arteixo (Parcial)
  2. Santa Mariña, Lañas
  3. San Estevo, Larín
  4. San Pedro, Armentón
  5. San Xiao de Barrañán
  6. Santo Tomé, Monteagudo
  7. San Pedro, Sorrizo
  8. Santaia, Chamín

 

LISTAXE DE RÚAS E PARROQUIAS ÁS QUE LLES CORRESPONDE O CEIP PONTE DOS BROZOS

 

4- PRAZAS VACANTES

 

                                                 

 

 

CRITERIO DE BAREMACIÓN

 

LETRA DESEMPATE

 

5- PUBLICACIÓN DA RESOLUCIÓN

 

 

6- MATRÍCULA

 

 

 

7- SERVIZOS COMPLEMENTARIOS DO CENTRO

 

O horario lectivo do centro é: de 09:30 a 14:30. 

(No mes de setembro o horario do alumnado de 4º de infantil variará en función do período de adaptación)

 

Xestionado pola ANPA Ponte dos Brozos

 

Servizo de madrugadores

de 07:30 a 09:30

Servizo de comedor

de 14:30 a 16:00

Actividades extraescolares do Concello e Ludoteca da ANPA

de 16:00 a 18:10

Servizo de merenda

de 18:10 a 19:30

 

Contacto ANPA

 

Xestionado polo centro: Transporte Escolar.

Solicitarase coa matrícula no centro: entrada, saída ou ambas e informarase da adxudicación antes do inicio das clases.

 

LIÑA 1

Dende Urbanización Baer (parada excepcional) até Campo- Sorrizo

LIÑA 2

Dende Centro de Saúde (parada excepcional) até Santaia.

LIÑA 3

Dende Bloquera (parada excepcional) até O Rañal 2



Importante:

  • Non teñen dereito a este servizo complementario os alumnos/as que, estando domiciliados nas áreas de influencia doutros centros, decidan solicitar praza neste. (Art. 6. Orde de 12 de marzo de 2013).
  • Só ten dereito a este servizo o alumnado domiciliado a máis de 2 Km. do centro, pero dentro da zona de influencia do mesmo. 
  • A Xefatura Territorial poderá conceder, previa solicitude, autorización excepcional para alumnado domiciliado a unha distancia do Centro inferior a 2 Km. e superior a 1 Km. Estas autorizacións concederanse en precario e serán revogables. (Punto 3. Instrución 3/2012)

 

8- LEXISLACIÓN VIXENTE

 

  • DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Instruccións

9- OBSERVACIÓNS

 

  1. A solicitude será única e vinculante, poderá conter ata seis centros, por orde de preferencia e presentarase no centro indicado en primeiro lugar.
  2. O alumnado matriculado no CEIP Ponte dos Brozos, que presente solicitude de admisión noutro centro deberá informarnos.
  3. O alumnado con reserva de praza admitida, se presenta solicitude de admisión para outro centro deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do proceso de admisión. 
  4. No caso de separación ou divorcio, será necesaria a sinatura de ambos proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. En ambos casos, será necesario presentar xunto coa solicitude de admisión a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo.
  5. Darán lugar á perda do dereito de prioridade:

A presentación da solicitude fóra de prazo.(Considérase fóra de prazo o establecido nos Artigos 15, 34 e D.A. primeira da Orde do 13 de marzo de 2013)
A presentación de máis dunha solicitude, en distintos centros.
As solicitudes que conteñan datos que non se axusten ás circunstancias reais do alumno/a.
As solicitudes que estean acompañadas por documentación que reflicta datos que non se axusten ás circunstancias reais.

 

RESOLUCIÓN DO PROCEDEMENTO DE RESERVA DE PRAZA

 RESOLUCIÓN DO PROCEDEMENTO DE RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2020-21 

- Alumnado de 2º de Primaria, procedente das Escolas Unitarias de Arteixo: todos foron admitidos en 3º . Deberán formalizar a matrícula no mes de xuño. Publicaremos a información sobre a matrícula nesta web.

- Alumnado de 6º de Primaria que formalizou a reserva no IES Manuel Murguía (centro adscrito): todos foron admitidos. Deberán formalizar a matrícula no mes de xuño na secretaría do IES. 

ENLACE WEB IES MANUEL MURGUÍA

DESFILE DE ENTROIDO. 21 DE FEBREIRO DE 2020

Percorrido do desfile de Entroido (de 5º de Educación Infantil a 6º de Educación Primaria) 

Saída do colexio ás 11:10 de forma escalonada. Rogamos non acudan á entrada do colexio para non entorpecer a saída. 

IDA: O desfile comenzará na Avenida do Balneario, baixaremos ata o paseo fluvial e percorreremos o tramo ata a Igrexa, a bordearemos por detrás para sair á residencia dos maiores. 

VOLTA: A volta será polo Paseo do Balneario e subida pola Avenida do Balneario cara ao colexio. 

Horarios e mapas do percorrido.

INICIO DO PROCESO DE RESERVA DE PRAZA EN CENTROS ADSCRITOS.

 

 

O alumnado que agora curso 6º de Primaria, ten dereito preferente de praza no IES Manuel Murguia de Arteixo.

Para formalizar a reserva de praza deben seguirse estas instruccións:

-  Entrega do anexo ED550A.

- Prazo: do 1 ao 17 de febreiro de 2020 (ambos inclusive)-

- Lugar de entrega: secretaría do CEIP Ponte dos Brozos: de 09:30 a 12:30

- En caso de non autorizar a comprobación de datos de identidade, deben acompañar a solicitude dunha copia do DNI/NIE/Pasaporte dos proxenitores

- O Anexo debe vir asinado polos proxenitores. En casos de separación,deben entregar unha copia da resolución xudicial correspondente para adxuntala. Cando hai custodia compartida, deben asinar igualmente os dous proxenitores

- Unha vez rematado o trámite, para coñecer se a reserva foi admitida e dispoñen de praza para o curso 2020-21, poderán consultalo na web ou taboleiro informativo do noso centro e na do IES Manuel Murguía. A data límite de publicación das listaxes nos centros é o 28 de febreiro.

- Se non desexan que o seu fillo/a continúe os estudos no IES Murguía, os proxenitores deben asinar unha renuncia na secretaria do CEIP Ponte dos Brozos

- A reserva pode ser entregada polos propios alumnos/-as durante o recreo. Entregaremos unha copia da reserva co rexistro de entrada

- A non entrega no prazo e forma establecidos causa perda do dereito preferente a unha praza no instituto adscrito.

 

Para máís información: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30140

 

ORGANIZACIÓN DOS HORARIOS DE TRANSPORTE

HORARIO DAS LIÑAS 1 E 3 DE TRANSPORTE.

-         

O horario de entrada NON variará con respecto ao curso en ninguna das dúas liñas.

-         

Á saída, as paradas da liña 1 verán adiantada a chegada nuns 15 minutos aproximadamente.

-         

Á saída, as paradas da liña 3, excepto as do Rañal que se manteñen igual que o curso pasado, veranse retrasadas entre 10 e 15 minutos aproximadamente.

Distribuir contido