Skip to Content

Cuarto

SAÍDA AO GROVE 4º A e 4º B

Receitas

Consellos

Visita da escritora Raquel Castro

O venres 26 tivemos entre nós a escritora Raquel Castro para falarnos do seu libro Bestiario Doméstico. 

https://bibliotecapena.blogspot.com/2019/05/visita-da-escritora-raquel-castro.html

 

"O GRAN CREBACABEZAS DE ARTE E HISTORIA"

O 13 de decembro o alumnado de 4º de Primaria visitamos a sede-museo de Afundación e fixemos dúas actividades moi interesantes. A primeira era de investigación case detectivesca, a partir de pistas e da observación dos cadros da exposición. A seguinte era un taller de creatividade co deseño e elaboración dun collage.

Que divertido é aprender xogando !!

 

 

SAIDA AO MONTE ALOIA -TUI



Novos sabores

Despois de estudar os beneficios dos produtos do mar, preparamos a parva para a nosa clase.

Probamos sabores novos e descubrimos que temos que aventurarnos a ampliar a nosa alimentación.

Hai moitas conservas ricas e nutritivas! 

 

Saida de 4º a Mirambel

 O xoves 26 de maio o alumnado de cuarto visitamos a Finca Mirambel para coñecer o pequeno museo e a "Vila Romana". Alí contemplamos os restos de terma e a salina.

 

 Contrastamos o aprendido en Sociais coa realidade. Decatámonos que lembramos moitas cousas.

 

 Puxémonos moi contentos cos parabéns da monitora polo noso comportamento e coñecementos. 



CARACTERÍSTICAS E CURIOSIDADES DOS ANIMAIS DOS PRODUTOS

          Na aula de informática completamos a información que tíñamos sobre os peixes e mariscos.

          Apuntamos algunha curiosidade para poñer máis tarde no mural que empezamos a elaborar en sesións anteriores e así rematalo.

          Unha vez na clase, en folios de cores, anotamos os datos relevantes atopados na búsqueda e pegámolos ao lado das fotografías e cartóns das conservas.

          Compartimos o noso traballo no corredor da escola.

 

Produtos para o noso bocata

          "Produtos para o noso bocata" é o slogan do mural da clase.

 

          Buscamos información e clasificamos peixes e mariscos. Dentro de estes brancos e azuis, moluscos (bivalvos e cefalópodos), artrópodos e equinodermos.

 

          Ninguén de nós provara un ourizo de mar!

Na procura de información

          Cada un dos alumnos e alumnas buscamos os valores nutricionais da lata de conserva que trouxemos da nosa casa.

          Despois baixamos á aula de informática e buscamos imaxes para comparar o animal tal como se atopa na natureza co produto final que está na lata. Sorprendéronnos as diferenzas!

          Imprimímolas para preparar, noutra sesión, un mural.

 

Que sabemos das conservas?

          Os alumnos e alumnas de cuarto imos traballar unha alimentación sa e saudable. Queremos por “As pilas ao noso bocata”.

          Antes de investigar sobre os produtos do mar en conserva comentamos un power point para ter claro o que sabemos xa e abrir as portas a temas novos de coñecemento.

          Quedamos que necesitamos saber máis sobre algúns peixes e mariscos, as súas formas de captura e os seus valores nutricionais.

 
 

EXCURSIÓN AO PARQUE ARQUEOLÓXICO DA ARTE RUPESTRE DE CAMPO LAMEIRO

O 17 de marzo do 2016, os nenos e nenas de 3º e 4º visitaron o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre Campo Lameiro.

Aprenderon a facer concos de barro, como facían antigamente os habitantes do parque.

Despois, disfrutaron vendo dúas fermosas pedras cheas de petróglifos, a Laxe dos Carballos e o Outeiro dos Cogoludos.

Por último, visitaron a reproducción dunha poboación antiga.

 

(Texto escrito por Xoel Aboah 4ºB)

 

 

 

VISITA AO MOSTEIRO DE OSEIRA

A última semana de clase, os alumnos/as de 3º e 4º de Primaria fixemos unha excursión á provincia de Ourense. Aproveitando que este curso traballamos a Idade Media, visitamos o Mosteiro de Oseira (Cea) e a vila medieval de Allariz, onde tivemos a sorte de disfrutar e valorar a exposición internacional de xardíns. Foi un dia estupendo e pasámolo xenial!!

 

Distribuir contido


CONTADOR DE VISITAS

contador de visitas para blog

by Dr. Radut