Skip to Content

Terceiro

VISITA AO FARO DE VIGO

Os alumnos e alumnas de 3º visitaron as instalacións do Faro de Vigo.

O SISTEMA SOLAR E OS VOLCÁNS

TALLER DE ÁBACO XAPONÉS

TALLER DE ÁBACO XAPONÉS

O mes pasado o alumnado de 3º de Educación Primaria participou nun pequeno taller sobre o ábaco xaponés ou sóroban. Resultou ser unha actividade moi divertida na que os nosos/as e alumnos/as aprenderon as nocións básicas sobre o seu uso e manexo.

EXCURSIÓN Á CASA DO MAR

 

Os alumnos e alumnas de 3º de Primaria fomos de excursión de fin de curso á casa do Mar. Alí descubrimos curiosidades sobre o mundo submariño e sobre a cultura tradicional.

A continuación visitamos o acuario donde coñecimos distintas especies mariñas das nosas costas galegas.

Por último, fomos merendar a Samil. Algúns mercamos xeados, chuches…e xogamos todos xuntos no parque.

Pasámolo xenial!!!

INICIACIÓN AO ÁBACO XAPONÉS

Durante os meses de marzo e abril o alumnado de 3º de Educación Primaria levou a cabo unha actividade de Iniciación ao Ábaco Xaponés ou Sorobán. Este é un instrumento que serve para facilitar os cálculos matemáticos. Foi moi utilizado en todo Oriente dende o século XVI e actualmente estendeuse por moitos colexios do  mundo. O seu uso ten moitas vantaxes, entre elas:

  • Aumenta a comprensión numérica.
  • Favorece o cálculo mental.
  • Mellora a concentración.
  • Axuda a comprender mellor conceptos matemáticos abstractos.

 

 

SAIDA AO MONTE ALOIA - TUI



EXCURSIÓN AO PARQUE ARQUEOLÓXICO DA ARTE RUPESTRE DE CAMPO LAMEIRO

O 17 de marzo do 2016, os nenos e nenas de 3º e 4º visitaron o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre Campo Lameiro.

Aprenderon a facer concos de barro, como facían antigamente os habitantes do parque.

Despois, disfrutaron vendo dúas fermosas pedras cheas de petróglifos, a Laxe dos Carballos e o Outeiro dos Cogoludos.

Por último, visitaron a reproducción dunha poboación antiga.

 

(Texto escrito por Xoel Aboah 4ºB)

 

 

 

VISITA AO MOSTEIRO DE OSEIRA

A última semana de clase, os alumnos/as de 3º e 4º de Primaria fixemos unha excursión á provincia de Ourense. Aproveitando que este curso traballamos a Idade Media, visitamos o Mosteiro de Oseira (Cea) e a vila medieval de Allariz, onde tivemos a sorte de disfrutar e valorar a exposición internacional de xardíns. Foi un dia estupendo e pasámolo xenial!!

 

EXCURSIÓN DE 3º A OLIVEIRA

A semana pasada os alumn@s de 3º visitamos o Castelo de Vilasobroso. A pesar de que o tempo non acompañou moito, resultou unha visita moi interesante.

Despois, fomos visitar o colexio de Santiago de Oliveira, donde coñecimos en persoa, ós compañeiros cos que levamos dende principios de curso mantendo correspondencia. Foi unha experiencia realmente emocionante e inolvidable!!! Pasámolo xenial!!!! Estamos desexando volver a reencontrarnos!!!!

UN ENTROIDO MEDIEVAL!!

O venres 13 conmemoramos o Entroido no colexio.

Seguindo o noso Proxecto Documental Integrado (PDI) sobre a Idade Media, chegaron dende moi lonxe uns divertidos bufóns, uns magníficos feiticeiros, a nosa nobleza de damas e cabaleiros, sen esquecer aos campesiños e bispos. Todo amenizado cuns grans xograres, mesoneiros e cos distintos oficios medievais. Foi un día cheo de emocións!!

Queredes voltar compartilas con nós?

As fotografías atópanse na Galería da páxina web.

 

 

 

 

 

 OS BUFÓNS INFantil

AS DAMAS E OS CABALEIROS 1º

OS CAMPESIÑOS E AS CAMPESIÑAS 2º

 

 OS MESONEIROS E AS MESONEIRAS 3º   

OS OFICIOS MEDIEVAIS 4ºA

OS OFICIOS MEDIEVAIS 4ºB

OS FEITICEIROS E AS FEITICEIRAS 5º

AS E OS XOGRARES 6º

 

MOITAS GRAZAS POLA VOSA

ASISTENCIA.

NORABOA AOS ARTISTAS E AOS MESTRES/AS!

 

MAGOSTO MEDIEVAL

Na Idade Media, entre as clases populares, consumíase gran cantidade de castañas. O motivo deste consumo era o prezo, a facilidade de atopalas e o seu alto valor nutritivo.

Había moitas formas de cociñalas: maceradas en auga quente, asadas, ferbidas, fritas ou tostadas; enteiras, en puré ou en forma de fariña coa que se facía pan ou sémola. Se non se consumían ao instante, podían convervalas secándoas ao sol ou ben afumadas.

Este sistema de conservación dos froitos estendeuse a outros. Para a froita fresca seguíanse dous métodos distintos; en primeiro lugar, almacenábanse en lugares cunha boa ventilación. O outro método era conservar o froito dentro dun recipiente pechado herméticamente que favorecía o seu secado.

Non obstante, exceptuando as castañas, a froita era unha comida moi pouco frecuente na Idade Media; o motivo era que se consideraba un gran luxo co que enriquecer a mesa.

Josep Alegret

 

Despois desta breve explicación e viaxando no tempo á Idade Media, o alumnado do Ceip Pena de Francia celebrou un magosto moi especial. 

Agradecemos a vosa constante colaboración e dámosvos os parabéns polo traballo realizado. GRAZAS!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O SAMAÍN NO MUSEO LISTE

O alumnado do primeiro, terceiro ciclo e o curso de terceiro de Educación Primaria tivemos unha celebración especial do Samaín no Museo Liste de Vigo.

Contáronnos a orixe desta celebración, as costumes e incluso as diferenzas con respecto a outras celebracións.  

O museo, de carácter monográfico e orientación etnográfica conta con máis de 2.500 pezas que reflexan distintos aspectos da cultura tradicional galega. Aínda que tamén poidemos ver a mostra das prendas de roupa interior no pasado "a muda", que reflicte as diferenzas sociais, usos e costumes nos derradeiros séculos en Galicia. (Exposición temporal).

1º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA  

         

 

 

 

     3º EDUCACIÓN PRIMARIA

 

 

                                                         

3º CICLO DE EDUCADIÓN PRIMARIA

 

Distribuir contido


CONTADOR DE VISITAS

contador de visitas para blog

by Dr. Radut