Skip to Content

Actividades

SAIDA AO MONTE ALOIA -TUI



SAIDA AO MONTE ALOIA - TUI



SAIDA AO MONTE ALOIA -TUI



SAIDA AO MONTE ALOIA- TUI



GRADUACIÓNS DE INFANTIL E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Os alumnos de 5 anos remataron a súa etapa en Infantil e os alumnos de 6º de Educación Primaria a súa etapa no colexio. Ambos chegaron ao cole moi pequeniños e agora, despois de moitas experiencias e aprendizaxes, xa están preparados para unha nova andaina no seu camiño educativo.

 

Celebramos un emotivo acto de despedida: representaron obras de teatro, bailaron, visualizaron unha vídeo-montaxe recordatoria, léronse cartas de despedida...

Os titores e as titoras están moi agradecidas coas familias polo seu apoio e tamén coa colaboración das mestras que nos axudaron para que este festival fora posíbel.

 

 

EDUCACIÓN INFANTIL
 

 

   
EDUCACIÓN PRIMARIA
 

 

 NORABOA A TODOS E TODAS!!

 

SAÍDA AO MONTE ALOIA- TUI



QUE NON CHO CONTEN!!!

O festival do cal fala todo o mundo está a piques de comezar.

O día 21 de xuño, de 11:30 a 14:00 horas non te perdas o festival de fin de curso do alumnado de 6º que se despiden do noso cole.

Como aperitivo un trailer da excursión de fin de curso.

 

 

Para ver máis non faltes! Que non cho conten!!

EXCURSIÓN AO PARQUE ARQUEOLÓXICO DA ARTE RUPESTRE DE CAMPO LAMEIRO

O 17 de marzo do 2016, os nenos e nenas de 3º e 4º visitaron o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre Campo Lameiro.

Aprenderon a facer concos de barro, como facían antigamente os habitantes do parque.

Despois, disfrutaron vendo dúas fermosas pedras cheas de petróglifos, a Laxe dos Carballos e o Outeiro dos Cogoludos.

Por último, visitaron a reproducción dunha poboación antiga.

 

(Texto escrito por Xoel Aboah 4ºB)

 

 

 

VISITA AO EROSKI

O alumnado de quinto tivo o pracer de comprobar a funcionalidade das Mates na súa vida, a través da visita ao Eroski.

 

24 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Un ano máis acordámonos da gran poetisa Rosalía de Castro no día do seu nacemento, 24 de febreiro.

Dende a Biblioteca facilitarase material impreso. Por outra banda dende o equipo de Dinamización realizarase a silueta da cara dela nunha parede do colexio para, posteriormente, pintar o alumnado de sexto de primaria, así como facilitarán siluetas en papel para pintar na aula (wharholea a túa Rosalía) e, posteriormente, expor na corcheira.

 
Premendo nas seguintes viaxaredes aos blogues da Biblioteca e de Dinamización Lingüística, onde atoparedes máis recursos.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

VISITA DOS NENOS DE EDUCACIÓN INFANTIL AO MARCO

O alumnado de infantil pasouno en grande coa saída ao MARCO

 


ENTROIDO NO BOSQUE

Seguindo o noso Proxecto Documental Integrado (PDI) sobre Os Bosques, o noso colexio encheuse de animaliños como lobos, coellos, xoaniñas, mouchos e cabalos; de seres fantásticos como gnomos, fadas, ninfas e trasnos; de leñadores; sen esquecer eses profesionais que coidan e protexen os nosos bosques como os bombeiros e os ecoloxistas.

Foi un día moi divertido!

 

OS LOBOS 3 ANOS

OS MOUCHOS, AS XOANIÑAS E OS COELLOS 4 ANOS

 A RAPA DAS BESTAS 5 ANOS

AS FADAS E OS TRASNOS 1º PRIMARIA 

AS NINFAS E OS TRASNOS 2º PRIMARIA

OS GNOMOS 3º PRIMARIA

OS BOMBEIROS DE MOS 4º PRIMARIA

OS ECOLOXISTAS 5º PRIMARIA

OS LEÑADORES 6º PRIMARIA

 

   
As fotografías atópanse na GALERÍA da páxina web.

 

 
Moitas grazas pola vosa asistencia.
Noraboa aos artistas e aos mestres/as!
 

PROGRAMA PARA A VALORACIÓN DO MONTE

Dende orientación realízase unha charla formativa e informativa sobre o monte para o alumnado de 5º de Educación Primaria.

Os obxectivos que se perseguen son:

- Participación activa e responsable dos escolares na protección do medio ambiente natural.

- Darlles a coñecer a importancia da función productiva, ambiental e social do monte.

- Fomentar o seu respecto pola natureza.

Un equipo de tres técnicos da Consellería do Medio Rural a través dunhas diapositivas nos foron explicando as características do monte galego, as árbores e a fauna autóctonas e os perigos medioambientais que existen en Galicia. Do mesmo xeito recordáronnos a importancia de coidar o meido e da repercusión que teñen os nosos actos sobre a contorna.

 

MANDADOS DO MECO

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut