Skip to Content

Educación Física

Carreira campo a través 2023

O pasado 9 de novembro participamos dende 2º a 6º de primaria, na carreira campo a través celebrada en Zamáns. A chuvia deunos un descanso e puidemos gozar dun día soleado practicando deporte en contacto ca natureza! Tódos rematamos os nosos percorridos, acadaronse grandes resultados e o máis importante. Pasámolo xenial!

 

Dinamización intercentros no CEIP Xosé Fernández López

O pasado 25 de maio acudimos ao CEIP Xosé Fernández López a participar nunha xornada de dinamización intercentros xunto a outros 10 colexios! Foi unha xornada moi divertida na que coñecemos a moitos dos nosos futuros compañeiros de instituto e de clubs deportivos da zona! 

Dinamización intercentros co CEIP Mestre Valverde Mayo!

O pasado 19 de abril o alumnado de 5º e 6º do CEIP Mestre Valverde Mayo acudiu ao noso colexio para xogar con alumnado de 5º a varios deportes. Foi unha xornada moi divertida na que practicamos fútbol sala, baloncesto, balonmán, bádminton e botebol. O máis importante é que progresamos na deportividade e no xogo limpo!

Xornada de atletismo en pista con 5º!

O pasado 12 de abril acudimos a unha xornada de atletismo con alumnado de 5º! Foi toda unha experiencia e acadamos grandes resultados!!!

Xornada de bádminton con 4º !

O pasado 22 de marzo acudimos ao IFEVI para xogar ao bádminton con outros centros educativos da zona! Pasámolo xenial e aprendemos moito deste deporte!

16.03.2023 Dinamiación intercentros do CPR Santo Tomás

O pasado marzo visitounos o CPR Santo Tomás, con eles xogamos ao bádminton, balonmán, baloncesto, botebol e fútbol sala; co alumnado de 6º. 

Coñece o meu club! Béisbol

Durante o mes de febreiro e marzo realizamos dúas sesións de béisbol en colaboración co club Trasnos Béisbol Club. Está actividade foi ofertada de 2º a primeiro! Graciñas por ensinarnos tanto Fernando!

Andaina polo monte

MÚSICA E MOVEMENTO

 

Os nenos e nenas de 5ºB de Educación Infantil realizaron unha actividade en psicomotricidade que consiste en moverse ao ritmo da música pola aula e cando esta pare realizar as indicacións da mestra ou doutro compañeiro/a (agruparse por parellas, en grupos de 3 nenos/as, en grupos de 4...)

 

 

  

 

 

 

 

 

Outra variante cos nenos e nenas de 4ºB de Educación Infantil é moverse pola aula o ritmo da música e cando esta pare realizar as indicacións da mestra (colocarse dentro dun aro azul, fóra dun aro amarelo, dentro dun aro vermello…)

 

 

 

 

XOGO E MOVEMENTO EN INFANTIL

Nas aulas de infantil, fixemos unha actividade en psicomotricidade onde traballamos o  movemento, axilidade, atención, equilibrio, coordinación…a cal consistía en bailar e movernos por toda a sala mentres soaba a música, e cando esta paraba, debían apurarse e atopar un aro onde meterse. Para a súa sorpresa, cada vez faltaban máis aros e tiñan que xuntarse moitos nenos e nenas dentro dun aro, aínda que iso non foi unha dificultade para eles, fixérono xenial! Aquí vos deixamos un vídeo con algunhas fotos:

 


Distribuir contido


CONTADOR DE VISITAS

contador de visitas para blog

by Dr. Radut