Skip to Content

Proxecto de vida activa e deportiva

26.04.2024 Voleibol en 5º e Atletismo en pista en 4º

O pasado 26 de abril gozamos dunha xornada de deporte. Levamos a cabo a xornada final de voleibol no IFEVI con outros centros educativos da zona e compartimos a experiencia de atletismo co alumnado de 4º! Unha xornada moi productiva e divertida!

17.04.2024 Día da EF na rúa!

Este curso escolar celebramos o primeiro día da EF na rúa! O lema deste ano foi "Educación física e saúde mental!" Para isto, traballamos diferentes propostas do alumnado de 6º: quecemento, baile, xogos, ioga, estiramentos... e participou toda a comunidade educativa! Finalizamos a xornada cun pequeno almorzo saudable a sombriña.

Educación Física e Saúde Mental

Educación Física e Saúde Mental

15.04.2024 Dinamización intercentros CEIP Petelos

Chegou a segunda volta da dinamización intercentros. Neste caso participou o alumnado de 5º curso nunha xornada multideporte: balonmán, baloncesto, bádminton, voleibol e brilé. Foi unha actividade estupenda!

01.03.2024 Dinamización intercentros con CPR Santo Tomás

O pasado venres tivemos a nosa primeira dinamización intercentros do curso escolar, co CPR Santo Tomás. Xogamos ao bádminton, balonmán, baloncesto, voleibol e brilé. Pasámolo xenial!

Promoción balonmán

Durante este curso, durante as mañás realizáronse promocións de balonmán tanto a inicio de curso como en febreiro, por parte do club balonmán Porriño! Grazas por todo o aprendido! O alumnado interesado continúo na actividade extraescolar das tardes.

BIBLIOTECA CREATIVA

Na clase de psicomotricidade todos os materiais son ben recibidos, cos libros descatalogados da biblioteca desenvolvemos multitude de actividades a vez que traballamos a coordinación, o tono muscular, o equilibrio, traballo en equipo ... 

Nesta actividade tiñan que transportar os 8 libros dun ladrillo ao outro sin saír do aro e sin que se cairan ao apilalos no outro ladrillo.

 

Promoción de voleibol!

Durante o mes de xaneiro deste curso escolar realizouse unha promoción de voleibol que finalizou nunha xornada deportiva no IFEVI. Aprendemos un montón deste deporte!

Carreira campo a través 2023

O pasado 9 de novembro participamos dende 2º a 6º de primaria, na carreira campo a través celebrada en Zamáns. A chuvia deunos un descanso e puidemos gozar dun día soleado practicando deporte en contacto ca natureza! Tódos rematamos os nosos percorridos, acadaronse grandes resultados e o máis importante. Pasámolo xenial!

 

Coñece o meu club! Tenis de mesa co club Always TM!

Actividade de promoción de tenis de mesa co alumnado de 2º a 6º con actividades con globos, actividade de velocidade de reacción con luces, xogos na mesa de tenis...Pasámolo xenial! 

A VENDIMIA!!!

NAS CLASES DE 5 ANOS COMEZAMOS O CURSO APRENDENDO UN POUQUIÑO DAS TAREFAS DA VENDIMA, QUE ATA FAI NON MOITOS ANOS TIÑA GRAN RELEVANCIA PARA AS FAMILIAS DO NOSO CONCELLO.
 

MERENDAMOS FROITA NO MONTE DA FAQUIÑA

O ALUMNADO DE 5 ANOS A FIXO NESTE CURSO VARIAS SAÍDAS AO MONTE A XOGAR E TOMAR AS SÚAS MERENDAS SAUDABLES, NO QUE O QUE PREDOMINA É A FROITA FRESCA.

 

COÑECEMOS O NOSO MONTE

O ALUMNADO DE 5 ANOS A NESTE CURSO ESTIVO A FACER UN MINUCIOSO ESTUDO, FÍSICO E POLÍTICO DO NOSO CONCELLO, MOS.

AQUÍ PODEMOS VER AO ALUMNADO VISITANDO O MONTE PARA OBSERVAR E RECOLLER MOSTRAS DA VEXETAIS PARA A PARTE DA FLORA.

 

Brain Breaks

Para aqueles grupos que teñen dúas sesións seguidas na aula de inglés, facemos BRAIN BREAKS para cambiar de actividade e reactivar a súa atención ao tempo que o movemento lles permite estirar e desentumecer os seus músculos pois aula conta cun espacio reducido.

Distribuir contido


by Dr. Radut