Skip to Content

APRENDENDO A COOPERAR -COOPERANDO PARA APRENDER. POR QUE A APRENDIZAXE COOPERATIVA NA NOSA ESCOLA?

A Aprendizaxe Cooperativa é un término xenérico para referirse a numerosas técnicas de organizar e conducir a instrución na aula, caracterizada polo traballo en grupos pequenos de alumn@s heteroxéneos para lograr obxectivos comúns de aprendizaxe, logrando con elo contribuir a maximizar a aprendizaxe e educar a persoas capaces de cooperar e de establecer boas relacións humanos.

As investigacións sobre os beneficios intelectuais e actitudinais desta metodoloxía convírtena nun procedemento educativo ampliamente investigado ao longo de máis de tres décadas e ampliamente aplicado en todos os niveis da educación, dende infantil ata o universitario, e en todas as áreas de contido. De feito, aínda que é menos empregado que outras formas máis tradicionais, onde prima a competitividade e o individualismo, a Aprendizaxe Cooperativa está sendo empregada de forma cada vez máis crecente no ámbito educativo.

O Proxecto Educativo do CEIP Pena De Francia contempla a educación como un proceso integral, co fin de desenvolver todos os aspectos da personalidade do alumnado, sen distincións sociais, económicas, intelectuais, sexuais... Contribuindo a educar ao alumnado para que se convirtan en cidadáns reflexivos, tolerantes e críticos, capaces de respetar a idiosincrasia e os diferentes valores.

Para acadar estes obxectivos, o centro leva traballando dende o curso 2010 coa Aprendizaxe Cooperativa na aula, como unha opción metodolóxica para atender ás necesidades dunha escola coma a nosa: multicultural e diversa; ao presentar o alumnado unha ampla diversidade en canto a capacidades, intereses, procedencia socioeconómica e cultural; ante o que o profesorado asume o reto de intentar dar resposta a esta diversidade, para que cada un dos rapaces e das rapazas poida acadar o máximo nivel de desenvolvemento das súas competencias, segundo as súas capacidades. Os ámbitos de intervención para estruturar de forma Cooperativa a Aprendizaxe na aula son tres: 

  1. O ámbito de intervención A, inclúe actuacións relacionadas coa cohesión de grupo.
  2. O ámbito de intervención B, abarca actuacións caracterizadas pola utilización do traballo en equipo como recurso para ensinar, co obxectivo de que aprendan mellor os contidos escolares, coa colaboración de todas e todos os membros do equipo.
  3. O ámbito de intervención C, conleva actuacións encamiñadas a ensinar aos alumnos e alumnas a traballar en equipo dunha forma sistemática e eficaz.

Ao longo destes catro cursos foise integrando a Aprendizaxe Cooperativa nas aulas chegando a converterse nun recurso imprescindible para as mestras e mestres. A finais do curso 2012-2013 creamos, a través da aprobación no Consello Escolar, a Comisión de Coordinación Aprendizaxe Cooperativa como un órgano de debate, organizativo e que facilita o traballo e a coordinación entre os mestres/as que implementan esta metodoloxía.

Durante estes anos de implantación e reflexión educativa poidemos comprobar que a Aprendizaxe Cooperativa é un instrumento para lograr a inclusión e a cohesión social, permite o desenvolvemento de estratexias de atención á diversidade na aula, facilita o desenvolvemento das competencias básicas no alumnado apreciando que os contidos traballados con esta metodoloxía afianzanse máis. En resumo podemos decir que nas aulas en Educación Infantil e Primaria do CEIP Pena de Francia o traballo cooperativo forma parte das dinámicas das aulas como forma de acadar unha aprendizaxe eficaz, respectando as individualidades e os distintos ritmos de desenvolvemento e aprendizaxe.



CONTADOR DE VISITAS

contador de visitas para blog

page | by Dr. Radut