Skip to Content

DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA


FESTA DE FIN DE ANO

Vestíndonos coas nosas mellores galas, este curso despedimos o trimestre celebrando unha gran FESTA DE FIN DE ANO, na que tivemos campanadas e uvas,  moito baile e diversión e para rematar a ANPA invitounos a unha gran chocolatada.  

 

FESTIVAL NADAL 2023-2024

FESTIVAL NADAL 2023-2024 de Aida Rodríguez Val

DEGUSTACIÓN DOS FROITOS DO OUTONO

O outono é unha estación moi rica en variedade de froitas e froitos. Este curso quixemos, non só dar a coñecer os seus nomes, senon que nos sumerximos nunha xornada de sabores, onde todo o alumnado portando o seu recipiente e culler, pudo disfrutar dunha saborosa merenda chea de cores, vitaminas e sabores.

 

EXPOSICIÓN DE FROITOS DO OUTONO

O noso gran agradecemento ás familias pola cantidade e variedade de froitos do outono aportados para a nosa exposición.

 

 

CELEBRACIÓN DO NADAL

Tic, tac ... Xa queda menos para a festa de Nadal 2023.

SEMANA DOS DEREITOS E DA NON VIOLENCIA

SEMANA DOS DEREITOS E DA NON VIOLENCIA 

Con motivo das conmemoracións do 20 de novembro (Día dos Dereitos da Infancia) e do 25 de novembro (Día Contra a Violencia de Xénero) desde o centro levamos a cabo a "Semana dos Dereitos e da Non Violencia", realizando  moitísimas actividades co obxectivo de concienciar ao alumnado sobre a importancia de traballar o RESPETO, a ASERTIVIDADE e a COMPRENSIÓN. Talleres, gravacións de radio "As mulleres que cultivaban néboas", retos reflexivos de aula, adaptación de cancións machistas, mural de mans, compromisos a acadar... e moitísimas outras actuacións a nivel de aula.

Porque a mellora depende de nós, e graniño a graniño faise a montaña. Sempre XUNT@S para construír un mundo mellor!! 

MAGOSTO 2023

Retomando vellos costumes, este curso celebramos o magosto cheo de xogos e diversión.

Das a grazas ás familias pola gran cantidade de castañas, a comunidade de montes pola súa colaboración aportando leña e ao noso conserxe, que un ano máis, a pesares dos contratempos atmosféricos encargouse de que poideramos comer deliciosas castañas asadas.

 

SAMAÍN PRIMARIA

SAMAIN INFANTIL

CHEGOU O SAMAÍN

ESCOLA DE FAMILIAS

Boas tardes Familias!!

A seguinte charla versará sobre  "Familias Monomarentais" e terá lugar o venres 3 de novembro, en Navia, no Colexio Alfonso R. Castelao.

Contará coa visita de FAGAMOS, Asociación de Familias Monomarentais de Galicia.

Podédesvos anotar no seguinte enlace:

  https://forms.gle/UVbyrG2KGw3UPmL38

 

ESCOLA DE FAMILIAS

Boas tardes familias!!!

Sendo coñecedora a Comunidade educativa de que a educación evaluciona e cada día nos xurden novos retos tanto nas familias, coma nos centros. O Concello representando ás anpas dos cinco centros públicos de Mos e dúas anpas de centros de Vigo subvecionan unhas charlas "ESPACIO SIN JUZGAR" que nos axudarán a dar unha resposta axeitada a variadas cuestións.

Serán no CEIP Santa Mariña de Cabral, no Ceip Alfonso Rodríguez Castelao en Navia e no Multiusos das Pozas en Petelos.

 

 

A PRIMEIRA

 

 

 IMPORTANTE: Para as familias que teñan que acudir cos seus fillos ou/e fillas haberá persoal que se encargará do seu coidado, é necesario comunicalo con anterioridade.

 

As persoas que desexen seguir a actividade e acudir o luns poden unirse ao seguinte grupo:

https://chat.whatsapp.com/DfTNv7KZRnz8a6cWg5ESaD

 

 

 

 

 

ABALAR

Boas tardes Familias!!!

Tal e como informamos na reunión xeral debedes ter descargada a app de abalar móbil, pois será o principal medio de comunicación a empregar durante o curso e por onde se enviarán as notas de avaliación.

Se tedes algún problema para recibir as mensaxes, unha vez comprobado no colexio que o número de teléfono é correcto, deberedes contactar coa Unidade de Atención a Centros (UAC)

881 997 701

 

Tamén vos informamos dos nosos horarios de oficinas, por favor se non é unha urxencia pedir cita e podemos adaptar outros horarios. 

DIRECCIÓN: Luns: 12:00-13:00

                   Venres: 13:15-14:00

 

XEFATURA:   Xoves: 10:40-11:30

                   Venres: 12:20-13:10

 

SECRETARÍA: Luns e venres:13:10-14:00

                    Martes e xoves: 9:00-9:50

 

ORIENTACIÓN: Atención telefónica: 886110345

                      Todos os días: 13:10-14:00

                      Presencial martes: 17:00-18:00

                        

 

 

 

 

REUNIÓN XERAL

Bos días Familias!

O próximo martes 19 ás 16:15 teredes a reunión xeral de principio de curso na que se tratarán temas importantes para o bo funcionamento do centro. A continuación as familias de primaria iredes ás tirorías.
Lembrade que a comunidade educativa somos todos e que a vosa implicación é primordial para a educación das vosas fillas e fillos.


Un saúdo

 

Distribuir contido


by Dr. Radut