Skip to Content

PROGRAMA DA MELLORA DA CONVIVENCIA BASEADO EN VALORES

          O valor do respecto exércese cando mostramos aprecio e coidado polo valor de algo e de alguén. Pode estar dirixido hacia os dereitos e a dignidade das demáis persoas, hacia nós mesmos e tamén hacia o entorno natural que nos rodea. Axúdanos a conservar intacto aquelo que máis apreciamos na vida e enséñanos a recoñecer aquelo que máis aprecian os demáis.

          Por esta razón, e durante  o curso escolar, a partir do mes de outubro, no CEIP Pena de Francia e baixo a iniciativa do Departamento de Orientación en colaboración co resto de titores e especialistas do centro, levarase a cabo un programa de Educación en valores para facer efectivo tamén o proposto no pla de convivencia do centro. 

  1. OBXECTIVOS DO PROGRAMA

       - Potenciar hábitos positivos que favorezan a convivencia.

     - Presentar formas máis adaptativas para a vida.

     - Dotar aos alumnos/as de ferramentas para unha convivencia pacífica.

     -Formar cidadáns libres, responsables e comprometidos consigo mesmo e ca sociedade.

     - Fomentar nos educadores unha visión máis esperanzadora do seu traballo á hora de inculcar valores que melloren a convivencia entre toda a comunidade educativa. 

      - Implicar aos pais/ nais na consecución de ditos valores.

 

       2. DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA

      - A cada mes foi asinado un valor distinto (a modo de exemplo o traballado o curso pasado). Así

- Outubro: ORDE

- Novembro: SINCERIDADE

- Decembro: SOLIDARIDADE

- Xaneiro: PAZ

- Febreiro: AMABILIDADE

- Marzo: IGUALDADE

- Abril: COIDADO DA NATUREZA

- Maio: EMPATÍA

- Xuño: ALEGRÍA

 

- Unha vez distribuidos os valores, asináronse un obxectivo para cada mes e valor traballado.

- Ao comenzo de cada mes comunícaselle aos pais/nais o valor que imos traballar e  envíaselle  por escrito e a través dos nenos e nanas o obxectivo a conseguir.

- Redacción dun lema para motivar e despertar o interés  dos nenos e nenas a vivir esos valores.

 

MESES LEMAS
OUTUBRO SOMOS ORDEADOS CANDO POMOS AS COUSAS NO SEU SITIO.
NOVEMBRO SOMOS SINCEROS CANDO... DECIMOS A VERDADE. RECOÑECEMOS OS NOSOS FALLOS, NON BUSCAMOS ESCUSAS.
DECEMBRO SOMOS SOLIDARIOS CANDO... COMPARTIMOS O QUE TEMOS COS DEMAIS:TEMPO, COUSAS, SORRISOS. PRESTAMOS AXUDA AOS OUTROS.
XANEIRO VIVIMOS A PAZ CANDO: DESTACAMOS O POSITIVO DOS DEMAIS. RESPECTAMOS AOS DEMAIS NAS SÚAS IDEAS, NA MANEIRA DE SER, ETC.
FEBREIRO SOMOS AMABLES CANDO... TRATAMOS CON RESPECTO AOS DEMAIS, TEMOS BOS MODAIS, PACIENCIA E SOLICITUDE. TEMOS DETALLE DE CARIÑO COS DEMAIS.
MARZO SOMOS IGUAIS CANDO: DISFRUTAMOS DOS MESMOS DEREITOS. TEMOS AS MESMAS OPORTUNIDADES, FACEMOS OS MESMOS TRABALLOS, COMPARTIMOS OS MESMOS XOGOS...
ABRIL COIDAMOS DA NATUREZA CANDO: MANTEMOS LIMPOS OS ESPAZOS NATURAIS. RECICLAMOS. RESPECTAMOS AS PLANTAS, ANIMAIS.
MAIO TEMOS EMPATÍA CANDO: SABEMOS PORNOS NA SITUACIÓN DOS DEMAIS PARA COMPRENDELOS.
XUÑO ESTAMOS ALEGRES CANDO: COMPARTIMOS AS NOSAS COUSAS COS DEMAIS. CANDO NOS COMPORTAMOS BEN. CANDO CUMPRIMOS COS NOSOS DEBERES...

- Elección e elaboración de medios visuais que represente dito valor.   

-  Ao final de curso enviarase unha enquisa as casas para recabar a opinión dos pais/nais sobre o programa e solicitar a sua colaboración con suxerencias de valores para traballar o seguinte curso.

    



page | by Dr. Radut