Skip to Content

CONVOCATORIA AXUDA LIBROS DE TEXTO

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2023/24

Xa podedes solicitar as axudas para a adquisición de de libros de texto e material escolar para o curso23-24.

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

- Destinado para o alumnado que no próximo curso estea matriculado en: 3º, 4º, e 6º de educación primaria. 

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO

- Destinado para o alumnado que no próximo curso estea matriculado en: 1º e 2º de educación primaria. 

AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR

- Destinado ao alumnado matriculado en educación primaria. 

      As persoas beneficiarias de libros procedentes do fondo solidario do centro ou de axudas para adquirir libros de textos teñen a obriga de devolver os libros e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2022-2023. Deben estar en bo estado de conservación, de tal maneira que poidan ser reutilizados. Están excluídos desta obriga o alumnado beneficiario de axuda para adquirir libros de texto de 1º e 2º de Educación Primaria, sempre que os libros ou o material adquirido non se poidan reutilizar. A falta de devolución dos libros de texto, sexan do curso inmediato anterior ou de calquera outro, será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2023/24.

      As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través da aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros).
     Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  

 Documentación a presentar

  • Anexo I e Anexo II.
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demais mebros computables da unidade familiar. Importante en caso de separación ou divorcio hai que presentar a sentencia xudicial e/ou o convenio regulador da custodia.
  • Certificado de discapacidade, se fose o caso.

                                

Tedes de prazo dende o 20 de maio ata o 21 de xuño.

Se queres consultar a convocatoria. 

PREME AQUÍ

APLICACIÓN INFORMÁTICA FONDO LIBROS 

 

AdxuntoTamaño
ANEXOS I e II.pdf601.63 KB


CONTADOR DE VISITAS

contador de visitas para blog

page | by Dr. Radut