Skip to Content

Antes do 2022-2023

VISITA DO MÚSICO HÉCTOR LORENZO

O músico Hector Lorenzo veu presentar ao alumnado de 4º e 5º de E. Primaria o seu traballo “Cousas de Papá”, con poemas musicados polo propio Hector, e que sairá do prelo no próximo outono. Coas súas cantigas tan divertidas fixo as ledicias de todo o alumnado.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

FINALISTA NO III CERTAME DE RELATO CURTO ORGANIZADO POLA FANPA

O noso máis sincero parabén para o alumno Mario Villot Lago, que foi seleccionado como finalista no III Certame de Relato Curto organizado pola FANPA co seu relato "O SOÑO DE MIGUEL". Nesta edición foron case 800 os relatos presentados.

Todos os relatos finalistas vanse recoller nun libro editado por Kalandraka que será entregado ao noso compañeiro xunto cun diploma o día 27 de maio no salón de actos do Pazo da Cultura de Pontevedra.

 

A continuación deixámosvos o enlace ao artigo:

http://www.nontedurmas.org/concursos-e-certames/article/novo-artigo-1841

 

 

23 DE ABRIL - DÍA DO LIBRO

Hoxe 23 de abril, Día do Libro, a escola quere sumarse a unha celebración tan importante cunha actividade proposta pola Comisión de Biblioteca en colaboración coa Comisión de Tics da escola: "Fotografíate co teu libro preferido". 

Todo o alumnado e profesorado escolleu ese libro especial, que lle fixo sentir, vivir, disfrutar, lembrar... e fotografiouse con el, á vez que explicou o por que da súa elección: que é o que ten ese libro de especial para min?

 

 


 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

DÍA DA POESÍA

O venres 27 celebramos un recital conmemorando o Día da Poesía e a entrada da primavera, que xa fora o luns 21 de marzo.

A poesía ten ritmo, case música, sentimento, emoción, expresión do que nos sae de moi dentro.

Isto foi o que poidemos vivir todos xuntos e que agora queremos compartir con todos vos. Eiquí vos deixamos o libro das poesías escollidas e elaboradas polos distintos cursos e o vídeo, que comeza coas actuacións dos máis cativos e remata cos maiores do cole.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

 

 MOITAS GRAZAS A
 TODOS E TODAS 
POLA VOSA
PARTICIPACIÓN!

 

 
 
 
 
 
 
 
 

O ESCRITOR GONZALO MOURE NA NOSA ESCOLA

O xoves 19 visitou a nosa escola o escritor Gonzalo Moure, que co seu libro “Caramelo” achegou ó noso alumnado de 5º de E. Primaria ese mundo máxico da lectura.

O libro está adicado a Fatimetsu, unha nena saharaui que lle permitiu ver ao escritor a vida doutro xeito. El dicía que “Escribir es buscar describir de otra forma la realidad”. E deixou para o recordo unha fermosa frase:

“Los libros son el motor de tus sueños, el pedir lo imposible, la llave del futuro”.

 

ANIMACIÓN DE MANUEL SOLLA BARRAGÁNS

O pasado mércores os nenos e nenas de segundo de primaria tiveron a sorte de contar coa presencia de Manuel Solla Barragáns, director da compañía de teatro "Expresións Produccións". Grazas a este gran animador pasaron un bo rato con actividades e xogos inspirados no libro "Pupi e o club dos dinosauros".

Clicade no libro para recordar algúns dos momentos compartidos:

TRES ALUMNOS GAÑADORES NO CONCURSO DE TEXTOS DO DÍA DA MULLER TRABALLADORA EN MOS

O claustro de mestres e mestras queremos felicitar aos gañadores do concurso de textos do Día da Muller en Mos.

Pinchade na foto para acceder á información.

 

NORABOA A TOD@S!!

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA - 8 DE MARZO

Como cada oito de marzo a escola, coordinado dende a Comisión de Biblioteca, celebra un pequeno acto co alumnado que busca prioritariamente sensibilizar e poñer en valor o traballo feminino. Este ano proxectouse un vídeo sobre as mulleres de Mos, coordinado por Uxía Senlle e Dorinda Castro. 

A continuación, alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria leron un Manifesto sobre a necesidade de compartir as cargas domésticas entre todos e todas para que así poidamos conciliar a vida laboral, social e profesional. 

Rematamos co visionado dun vídeo titulado "Sorkunde", producido polo goberno vasco, e que nun tono humorístico pretendía facernos conscientes das pequenas inxustizas cotiás, moitas veces encubertas, que teñen marcado as relacións e roles entre mulleres e homes.

 

 

 

 

                  FELIZ 8 DE MARZO, MULLERES DO MUNDO!

DÍA DO AMOR E A AMIZADE

Durante a semana pasada Orbil propúxonos unha actividade tenra e amorosa que tivo unha grande aceptación.

Clicade no Orbil namorado para ve-la.

 

Dende as clases de plástica en inglés tamén puxeron o seu corazonciño, non o perdades e clicade nas imaxes!!! 

      

  

 

 

 

SAIMOS NO FARO DE VIGO!!

O martes 9 no suplemento A Escola do Faro de Vigo apareceu unha pequena noticia sobre a visita de Fina de Casalderrey.

 

¡EU DIGO NON!

25 de novembro "Día Internacional contra a Violencia de Xénero"

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

VISITA DA ESCRITORA FINA CASALDERREY

Visita da escritora Fina Casalderrey a escola no día 25 de novembro

 

Día internacional contra a Violencia de Xénero

 

     Hoxe visitounas na escola unha persoa moi especial, a escritora Fina Casalderrey que dun xeito case máxico mantívo a atención dun numeroso auditorio, que quedou engaiolado coas verbas cheas de sensibilidade.

 

    Ela amosounos que o único imprescindible para escribir unha historia é precisamente eso que ela derrocha a mares:SENSIBILIDADE.

 

 Tamén nos contou que o máis importante para ela son sempre os lectores, que son os que dan sentido os seus libros.

 

    E deixounos unha fermosa frase para conmemorar este día:

 

       "A UNHA MULLER NON SE LLE PEGA NIN CUN PÉTALO DE ROSA”.

 

 

 

ENLACE Á BIBLIOTECA

 
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut