Skip to Content

Actividades

VISITA A SANTIAGO!

O martes 19, fomos os nenos de 5º e 6º a visitar a Catedral de Santiago.

Antes de ir a ver a Catedral paramos en Padrón a ver a casa de Rosalía de Castro. Vimos o despacho do marido de Rosalía, varias salas onde estaban os libros que publicou, a súa habitación e a cama onde morreu.

Cando acabamos a visita, o autobús viunos recoller para levarnos ao MUPEGA, que é un museo de como eran as escolas antigas.

Logo o autobús levounos á Praza da Quintana, que foi onde comemos. O rematar de comer fomos dar un paseo por Santiago e por fin fomos á Catedral.

Cando entramos Isa, que era a nosa guía, nos ensinou unha foto do Pórtico da Gloria (que non se pode visitar). Logo subimos unhas escaleiras e nos ensinou unha maqueta da Catedral. 

Tamén subimos aos tellados, que eran como escaleiras para que cando atacaban á Catedral poideran subir e baixar con facilidade. Os tellados tiñan almeas, como unha fortaleza.

Vimos un tipo de fonte onde se lavaban os peregrinos. Nesa misma zona vin as campás que roubou Almanzor.

Cando acabamos a visita merendamos e xa nos fomos para casa.

Hai dúas cousas que me encantaron, a primeira foi darlle un abrazo ao Apóstol Santiago e a segunda ver a tumba do Apóstol.

(Texto facilitado polo alumnado)

Para rematar deixámosvos unha montaxe con algúns dos bos momentos compartidos.

 

7º CERTAME DE CURTAMETRAXES

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria participou no 7º Certame de Curtametraxes proposto polo Equipo de Dinamización Lingüística.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

NORABOA, UN GRAN TRABALLO!!

 

 

SAÍDA AO MUSEO DE PONTEVEDRA

     O día 28 de abril o alumnado de 5º de Educación Primaria visitamos a cidade de Pontevedra.

     Primeiro fomos o Museo Provincial, onde acompañados por dous expertos guías percorrimos as salas adicadas á Prehistoria e Historia Antigua de Galicia. O percorrido resultou moi interesante e instrutivo. Aprendimos moitas cousas sobre a forma de vida e costumes dos nosos antepasados. Ao rematar, e coa axuda dun plano da cidade, recorremos os lugares máis coñecidos da cidade: Praza da Leña, a Ferrería, Igrexa da Peregrina e estatua do loro máis famoso de Pontevedra, o loro  Ravachol, rematando o noso itinerario nas ruínas de Santo Domingo.

   Pasámolo estupendamente e aprendimos moitas cousas tamén.

 

THE AMERICAN WEEK - LA SEMANA AMERICANA

Durante esta semana nas aulas de inglés e plástica bilingüe estivemos a traballar sobre USA para que os nenos e nenas coñecesen mellor o país de Sarah, a nosa auxiliar de conversa. 

Fixemos distintas actividades, pero para poder disfrutar delas teredes que clicar nas seguintes imaxes que vos levarán aos blogues. Non volas perdades!!

Blogue Sección Bilingüe 2º ED. Primaria

 

Blogue Inglés

 

 Blogue Sección Bilingüe 6º ED. Primaria

 

 

FINALISTA NO III CERTAME DE RELATO CURTO ORGANIZADO POLA FANPA

O noso máis sincero parabén para o alumno Mario Villot Lago, que foi seleccionado como finalista no III Certame de Relato Curto organizado pola FANPA co seu relato "O SOÑO DE MIGUEL". Nesta edición foron case 800 os relatos presentados.

Todos os relatos finalistas vanse recoller nun libro editado por Kalandraka que será entregado ao noso compañeiro xunto cun diploma o día 27 de maio no salón de actos do Pazo da Cultura de Pontevedra.

 

A continuación deixámosvos o enlace ao artigo:

http://www.nontedurmas.org/concursos-e-certames/article/novo-artigo-1841

 

 

PREMIADOS NO CONCURSO DO EROSKI

O alumnado de quinto realizara unha visita ao Eroski polo mes de marzo moi interesante para eles. Nesa visita participaron nun concurso que consistía en facer unha redacción sobre as experiencias vividas durante a visita, as cousas que máis lle chamaron a atención...

Entre os premiados temos a tres compañeiros. 

 

  

TALLER DE EDUCACIÓN VIAL

OS NENOS E NENAS DE INFANTIL 4 ANOS PASÁMOLO BOMBA NO CIRCUITO QUE FIXEMOSNO PATIO DO COLE...

 

 

 

 

 

 

                 

 

 

 

 

 

DECORANDO

O alumnado de Educación Infantil, colaborou na decoración da aula e a entrada a PSICOMOTRICIDADE.

 

 

VISITA AO EROSKI

 O alumnado de 5º B realizou unha actividade moi interesante grazas a colaboración do supermercado Eroski.

Primeiramente asistiu na escola a una charla moi interesante sobre alimentación e hábitos saudables na que, dun xeito moi didáctico, explicáronlles a importancia dunha boa alimentación. Seguidamente, fixemos unha visita ao supermercado Eroski de Sanguiñeda onde fixemos un percorrido polas principais seccións  do establecemento para rematar cunha exquisita degustación de froitas orixinalmente decoradas polas traballadoras do supermercado. Por último, fixeron xogos para adiviñar distintas froitas e verduras empregando o sentido do tacto ou do gusto.

Noraboa a ese supermercado pola sensibilidade que ten para fomentar hábitos de consumo responsable dun xeito divertido e atractivo para o alumnado!  

 

 

VISITA A GADIS

Os nenos e nenas de primeiro fixeron unha visita moi interesante ao supermercado GADIS.

EXCURSIÓN A INDIANA BILL

O venres 27 de febreiro, os nenos e nenas de infantil pasámolo xenial en Indiana Bill...

 

SAÍMOS NA TVG

O alumnado de Educación Infantil realizou unha visita ao Castelo de Sobroso. Se queres vernos saímos na TVG, no programa "COS PÉS NA TERRA". 

Eiquí vos deixamos algunhas das imaxes emitidas na TVG.

 

Se queredes disfrutar do programa, só tedes que clicar no seguinte enlace:

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/ilda-e-rafa-daniel-martin-e-esteban

UN LIPDUB POLA PAZ!

Este ano no colexio pola conmemoración do DÍA DA PAZ acordamos (dende os diferentes equipos) realizar un Lipdub.

Un LIPDUB é un vídeo musical realizado, nunha soa toma, por un grupo de persoas que sincronizan os seus movementos acorde a unha canción. 

Foi unha experiencia creativa moi divertida e enriquecedora.

Dende eiquí o noso enorme agradecemento ao alumnado e a todo o claustro de mestres (tanto os que aparecen na gravación coma os que están agochados levando a cabo outras funcións non menos importantes), que co seu esforzo e adicación conseguimos elaborar algo tan especial.

 

 

FELIZ DÍA DA PAZ!!

Non vos perdades o vídeo realizado pola mestra Ángeles sobre as tomas falsas do lipdub e as nosas pedras pola Paz, porque "A PAZ PODE SER A SUMA DO BO DE CADA UN"

 

 

SAÍDA AO CASTELO DE SOBROSO

O mércores 2 de decembro visitamos o Castelo de Sobroso, no Concello de Mondariz.

É un castelo pequeniño, pero moi ben conservado (foi restaurado hai uns anos), e serviunos para darnos idea de como eran as fortalezas no estudio do noso proxecto de centro da Idade Media: vénse perfectamente as murallas, a torre da homenaxe, as estancias principais, o patio de armas, as ameas, merlóns, saeteras… e ten case mil anos!

Aproveitamos para meternos en situación, na pel dalgúns nobres de entón: Afonso VI, Don Sancho, Dona Urraca… Cantas intrigas polo poder! E que claro, os nobres vivían moi pero que moi ben…

Está situado nun punto estratéxico, nun alto dende o que se domina unha vista da ate 20 Qm. á redonda, o que, unido ás súas murallas, facía del un bastión inexpugnable.

Completamos a saída histórica coa natureza do entorno, e aquí convertímonos en biólogos expertos en Botánica, recollendo mostras de follas, sementes, cogumelos e algún bichiño incauto que caíu unas nosas mans.

Foi unha mañá perfecta!

VISITA CASTELO DE SOBROSO

Que ben o pasamos os nenos e nenas de infantil na excursión ao Castelo de Sobroso!

Distribuir contido


CONTADOR DE VISITAS

contador de visitas para blog

by Dr. Radut