Skip to Content

Actividades

PALABRAS PARA A PAZ

Hai "Palabras Bonitas", cada un ten as súas. Son palabras que polo seu significado, pola súa sonoridade ou por calquera outra razón, transmítennos seguridade, alegría, un sentimento agradable...

No Día da Paz queremos compartir con vós as nosas palabras bonitas para que vos enchan o corazón.

Para descargar o vídeo só clicade enriba da palabra: PAZ

 

A palabra do ano 2015 é "Refuxiado": persoa que vive fóra do seu país, ao ser obrigado a abandonalo por desastres naturais, conflitos armados, persecucións políticas, relixiosas ou por motivos de sexo ou raza.

Imaxinades deixar atrás a vosa casa, os vosos amigos e amigas, os vosos avós, os lugares coñecidos e queridos?

Oxalá que NUNCA MÁIS "refuxiado" sexa a palabra destacada de ningún ano!

Deixámosvos o conto "A flor máis bonita do mundo" de José Saramago.

 

 

 
FELIZ DÍA DA PAZ!

APADRIÑAMOS AS ÁRBORES DO COLEXIO

Este ano o PDI do noso centro xira ao redor dos bosques. Aproveitando a riqueza evariedade de árbores que poboan os xardíns do noso cole decidimos comezar por coñecer o noso entorno máis próximo.

Con este obxectivo cada aula escolleu unha árbore e apadriñouna. Posamos con ela, buscamos as súas características e curiosidades e toda esta información rexistrámola nun libro.

 


 
 
Durante este primeiro trimestre o alumnado e o profesorado traballou para converter o noso centro nun bonito bosque. Aínda nos queda traballo por diante, pero non perdades o gran acontecemento!
 

 

LEDICIA COSTAS NA ESCOLA

O martes 1 de decembro o alumnado de 5º Educación Primaria tivo o privilexio de recibir unha visita moi especial: a escritora viguesa Ledicia Costas que veu a presentarnos o seu libro "Escarlatina a cociñeira difunta". 

No blogue da biblioteca temos máis información sobre este momento tan especial e máxico. 

 

VISITA AO FARO DE VIGO

O pasado martes dezasete de Novembro, os alumnas e alumnos de segundo de Educación Primaria foron de visita ao Faro de Vigo. Visitaron a redacción e baixaron a ver a rotativa.

Mirade o ben que o pasaron!

 



SAÍDA A NATURNOVA

Os alumnos e alumnas de 1º de Educación Primaria fomos de visita a Naturnova, un Centro Interactivo de Educación Ambiental. O seu principal obxectivo é estimular o coñecemento do mundo que nos arrodea e a difusión da súa importancia, co fin de que aprendamos a valoralo, respectalo e querelo. Nadie quere aquilo que descoñece.

Durante a visita tivemos dúas actividades: por un lado, unha actividade de arte que rematou coa visita da "Exposción de arte, tradición, cambio e innovación". Por outro lado, percorrimos a sala do Universo, na que nos explicaron as fases da lúa, os movementos da Terra, o Sistema Solar..., sen esquecer a viaxe que fixemos no submarino pola ría de Vigo. Sempre acompañados de Pintafontes, a mascota do museo.

Ao estar nun museo as fotos que nos permitiron sacar foron moi pouquiñas, pero as xustas para que vexades que impresionante e interesante foi a saída!

 

 

BAILE DAS BUXAINAS

Un grupo de pais e nais compartiron no colexio unha exhibición de bailes de buxainas con profes e alumnado.

  

MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!

FESTEXAMOS O MAGOSTO

O martes 10 de novembro festexamos o Magosto no colexio.

 

Todo comezou coa aparición de Casilda e Hermenexilda, que vos pedían colaboración para converter o cole nunha galería de arte chea de natureza.

Con todo o material listo, xa estabamos preparados para dar comezo a celebración. Primeiro observamos como se prendían dúas fogueiras para, posteriormente, bailar arredor delas.

Despois elaboramos as nosas obras de arte cos elementos da natureza recollidos e, finalmente, degustamos as castañas que, como todos os anos, Juan nos asou con moito agarimo.

 

Deixámosvos fotos na GALERÍA da páxina web e un pequeno vídeo cos mellores momentos dese día. 

Esperamos que vos guste!

 

 

NORABOA POLO GRAN TRABALLO!

VISITA DUNHA CIENTÍFICA DO CSIC

Esta semana o alumnado de 5º e 6º recibimos a visita dunha bióloga marina do CSIC, que dun xeito lúdico e moi didáctico amosounos aspectos moi interesantes sobre o mar e os seus habitantes: os peixes, as diferentes formas de pescalos, a forma de calcular a cantidade que se pode pescar para evitar a sobreexplotación,  onde viven, que comen , como se reproducen, a importancia de manter o equilibrio no ecosistema… e explicounos tamén o traballo que eles como científicos marinos desempeñan.

     MOITAS GRAZAS A MIMA POLO SEU TEMPO E POLA PACIENCIA AMOSADA!!!

 

 

SAÍDA AO CENTRO DE INVESTIGACIÓN FORESTAL DE LOURIZÁN

O pasado mércores 21 de outubro as nenas e nenos de 6º visitamos o Centro de Investigación Forestal de Lourizán situado na locaclidade de Marín. Foi creado en 1949 baixo a denominación de Arboreto. 

Destacar o valor científico, constituíndo un banco de probas para testa-la adaptación ás nosas condicións climáticas; valor pedagóxico, sendo unha visita obrigatoria para a comunidade educativa; valor estético, especialmente destacado en primavera e outono, e valor sociolóxico, contribuíndo o espallamento dos habitantes da zona, sendo destacable o elevado número de parellas recen casadas que acoden a facer as súas primeiras fotos.

 Alí puidemos apreciar parte da gran diversidade de árbores de todo o mundo, pasar por unha gruta, beber na fonte dos espellos, pasar polo invernadoiro e mesmo ver un hórreo de 1798.

Disfrutamos moito!

 

O SAMAÍN

Achégase o Samaín no Pena de Francia. Un ano máis imos xuntar a tradición e a creatividade para dar lugar a unha espectacular exposición de cabazas, entre outras sorpresas que vos agardarán.

 

 

Dende o luns 26 ata o xoves 29 tivemos, polo colexio, unha impresionante exposición de cabazas moi orixinais.

Queremos mostrar este gran traballo, realizado polas familias e o alumnado e agradecervos, un ano máis, a vosa colaboración, esforzo e apoio!!

As fotos atópanse na GALERÍA da páxina web.

 

 

 

 

 

 

 GRAZAS!!

 

 

 

 

 

 

Dende o equipo de Dinamización Lingüística e do equipo Tic temos recursos didácticos sobre esta festividade. Clicade nas imaxes:

 

BLOGUE DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA                                                                                 RECURSOS TIC

 

 

 

 

 

 

                                                                     

 

 

VISITA DO ALUMNADO DE 5º AO CENTRO DE INVESTIGACIÓN FORESTAL DE LOURIZÁN

O martes 20 de Outubro o alumnado  de 5 de primaria realizamos unha visita moi interesante a Lourizán. Alí puidemos fixemos un recorrido por todo o seu Xardin Botánico, que posee especies exóticas e autóctonas e foi creado en 1949 baixo a denominación de Arboreto e  que reúne aquelas especies plantadas no xardín dende o século XIX ata a actualidade.

Ademais das especies que pola súa importancia a nivel natural, paisaxístico e cultural están incluídas no Catálogo Galego de Árbores senlleiras, coma o cedro do Líbano, a Metasequoia glytostroboides e a formación de castiñeiros xaponeses e chineses, destacan tamén outras especies forestais coma o olmo holandés, as palmeiras raíñas ou a avenida de magnolias.

Despois de camiñar durante casi dúas horas, tomamos a ben merecida merenda nas escaleiras do Pazo, onde viviu Montero Ríos e que foi construido por Jenaro de la Fuente.

En fin, unha visita moi interesante e motivadora para escomenzar a aprender cousas sobre os bosques.

 

   



VISITA AO MOSTEIRO DE OSEIRA

A última semana de clase, os alumnos/as de 3º e 4º de Primaria fixemos unha excursión á provincia de Ourense. Aproveitando que este curso traballamos a Idade Media, visitamos o Mosteiro de Oseira (Cea) e a vila medieval de Allariz, onde tivemos a sorte de disfrutar e valorar a exposición internacional de xardíns. Foi un dia estupendo e pasámolo xenial!!

 

GRADUACIÓN INFANTIL

Os alumnos de 5 anos estamos rematando a nosa etapa en Infantil. Chegamos ao cole moi pequeniños e agora, despois de moitas experiencias e aprendizaxes, xa estamos preparados para unha nova andaina na Educación Primaria.

Este venres 12 de xuño, celebramos un emotivo acto de despedida: representamos un teatro de sombras cun texto elaborado polo nenos e nenas, bailamos, visualizamos unha vídeo-montaxe recordatoria destes tres anos e a modo simbólico saltamos un pódium.

As titoras estamos moi agradecidas coas familias polo seu apoio e tamén coa colaboración das mestras que nos axudaron para que este festival fora posíbel. É díficil para nos despedirnos porque xa formamos unha gran familia, pero rememorando as palabras dos nen@s:

"SEMPRE VOS LEVAREMOS NOS NOSOS CORAZÓNS"

 

 

EXCURSIÓN TUI

OS NENOS E NENAS DE INFANTIL FIXEMOS UN TRAMO DO CAMIÑO DE SANTIAGO... SOMOS UNS PEREGRINOS MOI DIVERTIDOS!!!!!

 

VISITA AO FARO DE VIGO

O martes 26 de maio, o alumnado de 2º de Educación Primaria visitamos as instalacións de Chapela do periódico Faro de Vigo.

Unha vez que chegamos, Julia recibiunos na entrada das instalacións para explicarnos e guiarnos na nosa visita. Poidemos vivir de primeira man o funcionamento do diario pasando pola zona de administración, de redacción, rotativas...

Tamén, con moita paciencia, responderon a todas e cada unha das nosas dúbidas e contáronnos moitos datos interesantes como: o mínimo de páxinas dun periódico, o por que os anuncios son máis caros segundo a páxina na que se publique, a que hora comezan a imprimirse e o reparto, o programa que empregan para a súa edición, como se organiza a redacción...

 

 Recordámosvos que o martes 9 de xuño sae a nosa foto no suplemento A ESCOLA do periódico!!

 

Distribuir contido


CONTADOR DE VISITAS

contador de visitas para blog

by Dr. Radut