Skip to Content

Entrevista a un cole de Alemaña

Entenderémonos cos alemáns?

A pasada semana un grupiño de 5º de primaria, dos que participaran no obradoiro de radio "Ponte nas ondas", elaborou unha pequena entrevista para os compañeiros dun colexio de Alemaña. Aquí podedes ver como preparaban a entrevista:

Aproveitando as datas nas que nos atopamos, e partindo do proxecto documental que promove a bibioteca "De Turismo polo Mundo: Coñecendo outras Culturas", quixemos resolver algunha dúbidas que tiñamos sobre a súa forma de celebrar o Nadal.

Agardamos que tras este primeiro contacto cheguen máis audio-mensaxes e poidamos descubrir outras cousiñas sobre as culturas nas que viven outros nenos e nenas coma nós polo mundo adiante.

Mentras tanto... Xa tedes a entrevista na radio do cole!



blog | by Dr. Radut