Skip to Content

FORMALIZACIÓN da matrícula para o curso 2024/2025

Solicitude de MATRÍCULA: O alumnado formalizará a súa matrícula no centro educativo, nos seguintes prazos: do 20 ao 30 de xuñoO alumnado que xa está está matriculado non precisa dun novo procedemento de matrícula.

A documentación a presentar é a seguinte:

  • O formulario ANEXO III - 1 de formalización de matrícula, enchido e asinado polos dous proxenitores ou titores legais. Deberá ser asinado polas persoas que ostenten no día da data a patria potestade do alumno/a.
  • Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros da unidade familiar (cando non autorice a súa consulta)
  • Fotocopia das follas do Libro de Familia onde figuren os titulares do mesmo e o fillo/a, xunto co orixinal para o seu cotexo.
  • Fotocopia da tarxeta de prestación sanitaria.
  • Informe médico no que conste que, dende o punto de vista sanitario, o/a menor conta coas condicións de saúde axeitadas para ser escolarizado nun centro ordinario (vacinacións e de non padecer enfermidade infecto-contaxiosa). 
  • Dúas fotografías do alumno/a.
  • Certificado de empadronamiento (Padrón Municipal).

Anexos:

Exención Lingua Galega (soamente para alumnos de 5º e 6º de E.P):

Programa Alerta Escolar:

Referencias Legais:

Solicitude do servizo de COMEDOR ESCOLAR para o curso 2024/2025

As familias do alumnado interesado en utilizar o servizo de comedor escolar durante este curso 2024/2025 deberán presentar na secretaría do centro, o anexo ii de autodeclaración da renda do ano 2023 (ligazón ao Anexo II - Modelo de autodeclaración e especificacións). 

Neste documento deberanse indicar os importes resultantes do cálculo ao lado da X, o número de membros da unidade familiar ao lado da Y e a renda neta per cápita familiar ao lado de X/Y. Podedes utilizar a calculadora de simulación para axudarvos a facer o cálculo dos prezos de comedores en función da renda neta. Pulsa nesta ligazón para ir á páxina coa calculadora de simulación.

Ademais, deberanse cubrir tódolos datos dos membros da unidade familiar, marcar a casiña do tramo de ingresos no que se atope a familia e asinar a solicitude, tanto o declarante como o seu cónxuxe. 

Outras ligazóns:

Ligazóns con explicacións de como facer o pago telemático::

CALENDARIO ESCOLAR para o curso 2024/2025

 

ORDE do 12 de abril de 2024 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2024/25  nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia. Ligazón a orde.

  • As actividades lectivas nas ensinanzas de educación infantil e de educación primaria comenzaran desde o día 11 de setembro de 2024 ata o 20 de xuño de 2025, ambos incluídos.
  • Os períodos de vacacións escolares no curso académico 2023/24 serán os seguintes:
    • Día do ensino: 31 de outubro.
    • Nadal: desde o día 23 de decembro de 2024 ata o día 7 de xaneiro de 2025, ambos incluídos.
    • Entroido: os días 3, 4 e 5 de marzo de 2025.
    • Semana Santa: desde o día 14 ata o día 21 de abril de 2025, ambos incluídos.
  • Días non lectivos: Ademais das festas de ámbito estatal, son días non lectivos os festivos así declarados pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.
    • 1 de novembro: Día de Todos os Santos.
    • 6 de decembro: Día da Constitución Española.
    • 8 de decembro: Inmaculada Concepción.
    • 1 de maio: Día do Traballador.
    • 17 de maio: Día das Letras Galegas.
  • Días non lectivos propostos polos centros educativos de Rábade.
    • Aínda por determinar.

Ligazóns:

VEXO VEXO Xacobeo

Este ano participamos no programa educativo Vexo Vexo Xacobeo coa idea de achegar ao noso alumnado o significado e os valores do Camiño de Santiago e do Xacobeo e traballar, dende as primeiras etapas, estes conceptos que forman parte da súa contorna social e cultural. Compartimos un vídeo cunha das actividades deste programa realizada no colexio.

PARTICIPACIÓN no FONDO SOLIDARIO de libros de texto e AXUDAS para libros e material escolar

 

Do 21 de maio ao 21 de xuño (finalizado), as familias poderán realizar as súas peticións para o próximo curso nas axudas de libros, fondo solidario e bono de material. As dúas modalidades para presentar a solicitude de participación son electrónica ou manual:

  • Electrónica. É necesario CHAVE365 ou outro certificado dixitalCréase unha nova solicitude na aplicación FondoLibros (una por fillo ou filla) e, a continuación, preséntase na sede electrónica da Xunta https://sede.xunta.gal
  • Manual. Enchendo os Anexos I e II da convocatoria e entregándoos na secretaría do colexio.

Máis información:

Normativa:

  • ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

Nota importante: A convocatoria integra as diversas modalidades de gratuidade solidaria dos libros de texto dos niveis obrigatorios de ensino; é dicir, fondo solidario de libros de texto para 3º, 4º, 5º e 6º de primaria. As axudas para adquirir libros de texto son para 1º e 2º de primaria e axudas para adquirir material escolar para o alumnado matriculado na educación primaria.

PUNTO LARANXA contra o acoso escolar

O servizo de Inclusión, Orientación e Convivencia da Xunta de Galicia iniciou a colocación de puntos laranxa contra o acoso escolar nos centros educativos, desde os que o alumnado poderá denunciar este tipo de situacións "desde o absoluto anonimato".

No colexio xa contamos cun destes puntos laranxa que funciona, a modo de caixa de correos, a través do cal o alumnado pode comunicar ou denunciar posibles situacións de acoso ou ciberacoso que sufran. Ademais temos un punto laranxa virtual nesta mesma páxina web ao que podedes acceder desde a barra lateral dereita.

Máis información:

Aplicación de comunicación ABALARMÓBIL para as familias

Rogamos ás familias que instalen nos seus teléfonos móbiles a aplicación abalarMóbil porque van poder consultar os posibles avisos ou notificacións por parte do centro educativo.

Con abalarMóbil podedes dispoñer das seguintes funcionalidades:

  • Consultar e xustificar as faltas de asistencia
  • Acceder aos datos persoais
  • Consultar as cualificacións.
  • Solicitar unha cita de titoría
  • Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
  • Acceder á mensaxería de abalarMóbil, que facilita a comunicación entre o centro e os responsables do alumnado, ou entre o profesorado e este.

Podedes instalar esta aplicación dende Google Play (Android) ou na App Store (Iphone):

Fai clic na imaxe para ir a google play Fai clic na imaxe para ir a app store

LIBROS DE TEXTO para o curso 2023-2024

Aquí podedes consultar os libros de texto para o próximo curso escolar de Educación Primaria.

Distribuir contido



by Dr. Radut