Skip to Content

Benvida

Benvidos ao CEIP PAZOS COMOXO!!

Excursión fin de curso

A última saída do curso!! Para esta ocasión eleximos a Granxa Escola de Bergando en Negreira. Un lugar moi fermoso cheo de animais; animais que teñen historias, algunhas moi tristes pero agora están nun lugar onde reciben moito amor. 

Na nosa saída visitamos aos distintos animais: cabalos, alpacas, cervos, pavos reais, avestruces, porcos, vacas... Son moitos os animais que alí había pero gustáronnos moito os cabalos, tanto é así que realizamos o noso bautismo hípico. 

Para rematar o día aprendimos a tirar con arco, xa somos unhas arqueiras de campionato. 

XOGANDO COAS EMOCIÓNS

Celebramos no noso cole o obradoiro "xogando coas emocións", realizado por Baia Fernández de la Torre, adestradora emocional e facilitadora do Sistema Ludocorporal. 

Foron tres días nos que xogamos experimentando co noso corpo e as nosas emocións: o medo, a tristeza a rabia, o orgullo, o amor e a alegría; todas elas moi precisas e que precisamos entender para chegar a xestionalas. 

Entrevista a Baia Fernández

Este trimestre chegou a nosa biblio o conto "Laia", de Baia Fernández de la Torre. Un conto cheo de aprendizaxes, de emocións, de vida e de respecto. 

EStes días Baia estivo no noso cole facendo con nós un obradoiro e non puidemos desaproveitar a ocasión. Fixémoslle unha entrevista para a nosa radio "Mulleriñas de Comoxo". Entre o noso traballo e a paixón que demostra Baia, temos como froito esta estupenda entrevista. 

PREME NA LIGAZÓN 

Sorrisos intelixentes

Nestes días levouse a cabo no centro o programa sorrisos intelixentes, onde nos explicaron a forma correcta de cepillar os dentes e os problemas que poden ter os nosos dentes se non os cepillamos ben. 

Para rematar esta proposta hoxe fomos a Cachada a ver unha obra de teatro. 

Mais non marchamos de alí sen antes visitar o parque uns minutiños. 

PREME NA IMAXE.

Cociñamos na casa do Pazo

O outro día convertímonos en chefs, preparamos receitas saudables e internacionais. As receitas do día foron: 

1. Tirabeques con gambas.

2. Croquetas de acelgas.

3. Berenxenas.

4. Okonomiyaki. 

Para elaborar este menú contamos coa axuda de Ana de Comoxo- Organics e de Yukari, unha amiga de Ana que é de Xapón; a cal nos ensinou esas receitas tan internacionais. 

Visita dos bombeiros

O venres tivemos no cole unha visita moi especial, os bombeiros de Boiro ensináronnos como é o seu traballo. Mostráronnos os vehículos, as ferramentas de traballo e contáronnos que urxencias atenden. Tamén fixemos un simulacro de como teños que sair en caso de incendio. Pero o que máis nos gustou foi subir ao camión, probar o casco que utilizan os bombeiro e poder botar auga coa mangueira como se estivéramos extinguindo un lume. 

Mulleriñas de Comoxo

Nesta nova entrega de Mulleriñas de Comoxo temos unha dobre entrevista nacional e internacional. Entrevistamos a Ana de Comoxo-Organics e a Ella a voluntaria de Francia  que visita Comoxo estes días. Dúas mulleres cheas de iniciativa e de amor pola natureza.

PREME NO ENLACE PARA ESCOITAR A ENTREVISTA

https://www.spreaker.com/episode/53823834

 

Distribuir contido


by Dr. Radut