Skip to Content

Cociñamos na casa do Pazo

O outro día convertímonos en chefs, preparamos receitas saudables e internacionais. As receitas do día foron: 

1. Tirabeques con gambas.

2. Croquetas de acelgas.

3. Berenxenas.

4. Okonomiyaki. 

Para elaborar este menú contamos coa axuda de Ana de Comoxo- Organics e de Yukari, unha amiga de Ana que é de Xapón; a cal nos ensinou esas receitas tan internacionais. 

Cociñamos todo con produtos da horta, fomentando o consumo de produtos de kilómetro cero. Pero non todo foi cociñar tamén nos deu tempo de dar un paseo pola plantación de kiwis, merendar a sombra dun castiñeiro e visitar un pazo antigo e ver o seu palomar; onde Manolo nos explicou a historia que agochaban todos estes lugares.  

Rematamos o día degustando as nosas receitas todos xuntos a mesa como unha gran familia. 

PREME NA IMAXE 

 



page | by Dr. Radut