Skip to Content

Complementarias

Visita dos bombeiros

O venres tivemos no cole unha visita moi especial, os bombeiros de Boiro ensináronnos como é o seu traballo. Mostráronnos os vehículos, as ferramentas de traballo e contáronnos que urxencias atenden. Tamén fixemos un simulacro de como teños que sair en caso de incendio. Pero o que máis nos gustou foi subir ao camión, probar o casco que utilizan os bombeiro e poder botar auga coa mangueira como se estivéramos extinguindo un lume. 

Día de plantación

Hoxe foi un día de plantación. Comezamos a mañá cunha visita ao Pazo Goiáns, onde puidemos visitar a torre e fixemos un percorrido polos seus terreos. Puidemos ver árbores centenarias e unhas vistas espectaculares. Para rematar esta visita plantamos tres ameneiros que medrarán moi fortes. 

Cando chegamos ao cole, para rematar o noso día de plantación, plantamos unhas petunias que farán do noso cole un lugar colorido e cun arrecendo estupendo. 

Un día duro de traballo pero moi gratificante e pasándoo xenial. 

PREME NA IMAXE

Mandados do meco

Atención, atención... a comezar o entroido con moita ilusión!!!

Espectáculo Peter Pan

Este luns 16 de xaneiro fixemos a primeira saída fóra de Boiro. Fomos a Santiago de Compostela, alí vimos o musical Peter Pan. Foi un longo traxecto de camiño pero pasámolo moi ben, aínda que o día estaba moi gris; non parou de chover en toda a mañá. 

Teremos que voltar outro día para coñecer un pouco maís de Compostela. 

PREME NA IMAXE 

PETER PAN

16/01/2023 10:00
16/01/2023 13:00

MARCHAMOS A SANTIAGO DE COMPOSTELA PARA VER O MUSICAL PETER PAN

Obra de títeres "Lúa quere viaxar a... Marte!

Nunca esqueceremos este 21 de novembro. 

Hoxe foi un día moi especial por dúas razóns. Primeiro porque veu Celtia Figueiras a autora de Lúa quere viaxar a... Marte! e segundo porque acudiu ao noso cole e a desfrutar dos títeres, a clase de 1º de primaria do CEIP Praia Xardín. 

Nunca viramos tantos nenos e nenas no noso cole, pasámolo moi ben e ata a choiva nos deixou desfrutar un pouco do patio xuntos. 

"O xardín de Vilagris"

Volvemos ao teatro, nesta ocasión para ver a obra o Xardín de Vilagris. Encantounos a obra porque ten un pouco de todo: unha historia fermosa, trasmite valores, música e colaboración do público.

TEATRO "NUBE,NUBE,SOL"

Hoxe por primeira vez fomos ao teatro. Ás 11:30, colleunos Lucía co seu autobús no cole e viaxamos ata a Cachada para ver a obra Nube, Nube, Sol. Unha obra que métenos de cheo na diversión e na aprendizaxe de todo o que choiva e o sol provoca na nosa contorna. A través do corpo, o xesto, o canto e a música.

Botamos unhas risadas coa obra, que nos gustou moito, e disfrutamos da nosa viaxe en autobús. Pasámolo xenial todas xuntas. 

PREME NA IMAXE 

Distribuir contido


by Dr. Radut