Skip to Content

Obra de títeres "Lúa quere viaxar a... Marte!

Nunca esqueceremos este 21 de novembro. 

Hoxe foi un día moi especial por dúas razóns. Primeiro porque veu Celtia Figueiras a autora de Lúa quere viaxar a... Marte! e segundo porque acudiu ao noso cole e a desfrutar dos títeres, a clase de 1º de primaria do CEIP Praia Xardín. 

Nunca viramos tantos nenos e nenas no noso cole, pasámolo moi ben e ata a choiva nos deixou desfrutar un pouco do patio xuntos. 

Tras a adquisición do libro Lúa quere viaxar a...Marte! decidimos completar esta viaxe cun teatro de títeres desta fabulosa historia de Lúa. Gustounos moito e tivemos unha misión importantísima, animar a Lúa a conseguir os seus obxectivos. 

Por último, fíxonos moita ilusión que Celtia nos adicara o seu libro, o cal será unha valiosa parte da nosa biblioteca. 

PREME NA IMAXE 



page | by Dr. Radut