Skip to Content

Visita dos bombeiros

O venres tivemos no cole unha visita moi especial, os bombeiros de Boiro ensináronnos como é o seu traballo. Mostráronnos os vehículos, as ferramentas de traballo e contáronnos que urxencias atenden. Tamén fixemos un simulacro de como teños que sair en caso de incendio. Pero o que máis nos gustou foi subir ao camión, probar o casco que utilizan os bombeiro e poder botar auga coa mangueira como se estivéramos extinguindo un lume. 

Para rematar aproveitamos para xogar no parque e recollimos bágoas de San Xoán, cas cales estivemos xogando e facendo unhas fotos moi artísticas. 

Foi un día xenial. 

PREME NA IMAXE

 



page | by Dr. Radut