Skip to Content

"O xardín de Vilagris"

Volvemos ao teatro, nesta ocasión para ver a obra o Xardín de Vilagris. Encantounos a obra porque ten un pouco de todo: unha historia fermosa, trasmite valores, música e colaboración do público.

A obra conta o cambio de vida e de prioridades de Martín, un home que vivía unha vida rutinaria e aburrida nunha oficina en Vilagris. Mais un día decide cambiar e mudarse a unha casa ás aforas da cidade. Unha casa con xardín e horto, rodeado de natureza. Pero aínda alí deberá de loitar por ese recuncho verde para que os homes grises non llo arrebaten.

Unha fermosa historia na cal axudamos a conseguir un final feliz.



page | by Dr. Radut