Skip to Content

Espectáculo Peter Pan

Este luns 16 de xaneiro fixemos a primeira saída fóra de Boiro. Fomos a Santiago de Compostela, alí vimos o musical Peter Pan. Foi un longo traxecto de camiño pero pasámolo moi ben, aínda que o día estaba moi gris; non parou de chover en toda a mañá. 

Teremos que voltar outro día para coñecer un pouco maís de Compostela. 

PREME NA IMAXE 

CHEGOU O NADAL

Chegamos ao 22 de decembro, día para festexar e pasalo ben. Rematamos o trimestre celebrando o Nadal, dende as 9:30 ata as 14:30 todo foron sorpresas e festexos. 

Comezamos coa visita do Apalpador, chegou ao noso cole cargado de instrumentos e alegría. Traía castañas, monicreques e moitos moitos instrumentos. O Apalpador é todo un artista con o ides crer pero ata fixo música cun serrucho. 

AO ESTILO DE KIMMY CANTRELL

O artista Kimmy Cantrell, defensor da idea de que a beleza está nas imperfeccións, é o creador das máscaras cubistas nas que podemos apreciar facianas con rasgos case xeométricos. As súas obras son elaboradas sobre cerámica pero nós fixemos a nosa propia versión en cartón. 

Non só traballamos a arte cubista senón tamén as partes da cara. O resultado unhas auténticas obras de arte. 

PREME NA IMAXE.

Agasallos de Nadal

Hoxe tivemos unha visita moi especial, Nesto o carteiro de Comoxo. Non é a primeira visita que nos fai, cando ten un momento pasa a entregarnos as cartas na man; nós encantadas de poder saudalo. Pero hoxe non había cartas, agasallounos cuns pasteis, zumes, unhas postais e selos. Fartamos a barrigola cos doces tan ricos e despois puxémonos mans a obra porque escribimos unha postal a alguén especial da nosa vida. 

O carteiro dixo que as viría a recoller nos próximos días, polo tanto había que escribilas, metelas no sobre, coa dirección e poñerlles o selo. 

CONTA ATRÁS PARA NADAL

Comeza decembro e con el os preparativos para Nadal, no cole xa comezamos o día 1 decorando a nosa árbore e comezando o calendario de advento, unha conta atrás para o nadal moi doce. 

PREME NA IMAXE.

FESTIVAL DA INCLUSIÓN "FESTIRITITITI"

Co gaio da celebración do día internacional das persoas con discapacidade acudimos ao festival Festiritititi organizado pola asociación AMICOS. Foi unha xornada estupenda de convivencia chea de xogos e sorpresas. 

PREME NA IMAXE

 

Día internacional contra a violencia de xénero

O 25 de novembro celébrase o día internacional contra a violencia de xénero e para traballar esta conmemoración comezamos coa lectura do libro Artur e Clementina. A vida idílica que soñaba Clementina cando estivera casada dista moito da realidade que vive, por iso decide ser libre e non cargar con máis peso as súas costas.

Nós como Clementina queremos ser mulleres LIBRES. Libres para facer unha morea de cousas. Todas elas forman parte de cada unha das plumas que forman as ás que nos farán voar. 

PREME NA IMAXE PARA VER O NOSO TRABALLO. 

Obra de títeres "Lúa quere viaxar a... Marte!

Nunca esqueceremos este 21 de novembro. 

Hoxe foi un día moi especial por dúas razóns. Primeiro porque veu Celtia Figueiras a autora de Lúa quere viaxar a... Marte! e segundo porque acudiu ao noso cole e a desfrutar dos títeres, a clase de 1º de primaria do CEIP Praia Xardín. 

Nunca viramos tantos nenos e nenas no noso cole, pasámolo moi ben e ata a choiva nos deixou desfrutar un pouco do patio xuntos. 

APRENDEMOS ACTIVIDADES DA AGRICULTURA

É época de escrouchar o millo, e así o fixemos no noso cole. 

Adentrámonos no sector primario para aprender actividades que se levan a cabo na agricultura. Débese escrouchar o millo para gardalo no hórreo e que os animais teñan comida para todo o ano. 

Na nosa mesa multifunción escrouchamos o millo e tamén o debullamos para gardalo. Nós no cole non temos animais para que o coman, pero faremos actividades moi chulas con el. 

"O xardín de Vilagris"

Volvemos ao teatro, nesta ocasión para ver a obra o Xardín de Vilagris. Encantounos a obra porque ten un pouco de todo: unha historia fermosa, trasmite valores, música e colaboración do público.

Distribuir contido


by Dr. Radut