Skip to Content

XOGANDO COAS EMOCIÓNS

Celebramos no noso cole o obradoiro "xogando coas emocións", realizado por Baia Fernández de la Torre, adestradora emocional e facilitadora do Sistema Ludocorporal. 

Foron tres días nos que xogamos experimentando co noso corpo e as nosas emocións: o medo, a tristeza a rabia, o orgullo, o amor e a alegría; todas elas moi precisas e que precisamos entender para chegar a xestionalas. 

Nestes días conectamos con nós mesmas e coas compañeiras. Aprendemos que o medo é preciso pero en doses pequenas, aprendemos a tratarnos con respecto, aprendemos a decirnos o que nos gusta de cada unha e a conectar co noso interior. 

Un obradoiro estupendo que nos aportou amor, confianza e tranquilidade. 

Aproveitamos tamén no último día para investigar un pouco máis sobre a Baia escritora, para o cal lle realizamos unha entrevista e tamén lle pedimos que nos adicara o libro de Laia; que xa tiña un lugar especial na nosa biblio pero agora moito máis. 

PREME NA IMAXE

 

 



page | by Dr. Radut