Skip to Content

Proxecta +

XOGADE: Xogaloita en Crecente

Este xoves 4 de maio fomos a Crecente a unha xornada de XOGADE na que nos iniciamos nun deporte moi antigo: a loita olímpica.  Ademais de coñecer e divertirnos con outros nenos e nenas dos colexios do condado de A Paradanta, aprendimos que podemos facer calquera deporte sen marcarnos sempre que sigamos unhas regras.


Recíclate con Sogama

O martes 6 de febreiro, o alumnado de Educación Primaria participou na actividade de recíclate con Sogama, onde aprenderon sobre as tres R: reutilizar, reducir e reciclar.

Deixámosvos a presentación dixital, e as fotos da actividade:

Fonte: Sogama

Álbum: Curso 2023-2024 -> Recíclate con Sogama

Xornadas de Cross

Os días 22 e 23 de novembro celebráronse as xornadas de cross organizadas pola asociación ADECONPAR onde participou o noso cole co alumnado de 3º,4º,5º e 6º disfrutando dunhas xornadas de convivencia e deporte, onde incluso tivemos a sorte de acadar algún podium si ben o que máis nos gustou foi o chocolate e as rosquillas que repartieron ao final para todos os participantes.

Álbum: Curso 2023-2024 -> Xornadas de Cross

Aliméntate ben! Reparto de leite

Informámoslles que a partir de mañán día 30 de maio farase o 2º reparto de leite en bricks de 200cc entre o alumnado, como parte do programa Aliméntate Ben!

 

   Un saúdo, A dirección

Aliméntate ben! Froita na escola

Durante  os recreos deste curso degustamos froitas variadas: amorodos, sandías, mazás, peras, plátanos...

Ñam, ñam, ñam :)

 

Isto formou parte do Programa "Aliméntate Ben".

XOGADE: Cross

Como parte do Plan Proxecta Proxectos de Vida Activa e Deportiva - PVAD, o alumnado de terceiro a sexto de educación primaria participou nos Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar (XOGADE), en Guláns.

Clicando na seguinte imaxe podedes ver as imaxes correspondentes coa actividade de cross, celebrada nos días 26 e 27 de xaneiro.

Álbum: Curso 2022-2023 -> Xogade: Cross

XOGADE: Sesión de Xogaloita

O luns 20, como parte do Plan Proxecta "Proxectos de Vida Activa e Deportiva (PVAD), o alumnado de 4º de educación primaria participou na actividade de Xoga-Loita.

Aliméntate ben! Fai Clic ao teu Bocata

Hoxe  visitáronnos os monitores de "Fai Clic ao teu Bocata", para falalrnos de comida saudable e das conservas de produtos do mar.

Imaxinación ao poder, facendo un bocata saudable de maneira rápida e sinxela.

Facendo clic na seguinte imaxe, poderás ver algunhas das cousiñas que fixemos nestes interesantes obradoiros:

(Actualizado o venres 18 con novas fotos!)

Álbum: Curso 2022-2023 -> Fai Clic ao teu Bocata

Plan Proxecta

Un ano máis, o Colexio participa no Plan Proxecta.

O Plan Proxecta+ é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional y Universidades en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que fomenten o traballo cooperativo, interdisciplinar e competencial pero que ademais estean comprometidos coa consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030.

O programa abarca diversas temáticas vencelladas aos mencionados obxectivos: igualdade e educación afectivo-sexual, movilidade sostible, educación patrimonial, hábitos de vida saudables (alimentación e vida activa e deportiva), desenvolvemento sostible e concienciación medioambiental, ciudadanía mundial, etc. Para conseguir acadar os obxectivos plantexados, este plan promove a realización de proxectos interdisciplinarios que fomenten o papel activo do alumnado ante os desafíos sociais, económicos e medioambientais da sociedade actual e do futuro e poidan servir de modelo de traballo ou de boa práctica, tanto para o propio centro en que se orixinan como para o resto da comunidade educativa galega.

Extracto do Portal Educativo.

 


No curso 23/24, participamos nos seguintes programas:

  • 02. Proxectos de vida activa e deportiva (PVAD).
  • 19. Recíclate con Sogama.
  • 45. Mobilidade sostible e segura.

 

Ao longo do curso iremos publicando na web as distintas actividades que fagamos no marco destes Plans Proxecta.


No curso 22/23, participamos nos seguintes programas:


En anos anteriores, participamos nos seguintes programas, quedando recollidas as actividades nos seguintes blogs:


 

Distribuir contido


   

Bibliotecas Escolares Radio na Biblio

Plan Dixital   Plan Proxecta

by Dr. Radut