24 de outubro- DÍA DAS BIBLIOTECAS

 Cada 24 de outubro dende o ano 1997 celébrase o Día da Biblioteca en lembranza da destrución da Biblioteca de Saraxevo, incendiada en 1992 pola artillería serbia durante a Guerra de Bosnia. Perdéronse centos de miles de libros e documentos de enorme valor. Foi reconstruída e reinaugurada no ano 2014.

  Coa celebración do Día das Bibliotecas quere salientarse a importancia da biblioteca como lugar de encontro de lectores de todas as idades coa cultura e como un instrumento de mellora da formación e a convivencia humana.

AdxuntoTamaño
DÍA DA BIBLIOTECA 2020.mp423.08 MB

Powered by Drupal - Design by artinet