Ed. Infantil

OS MAIOS

Este curso non podemos celebrar os Maios no cole como nos gustaría, pero aínda así celebrámolo dun xeito moi especial!

CONTOS

Os libros son un dos mellores transportes para viaxar e deixar voar a nosa imaxinación, deixamos unha serie de libros para que vos adentredes nas súas historias e poidades voar moi moi lonxe.

AS EMOCIÓNS

AS NOSAS EMOCIÓNS SON MOI IMPORTANTES! POR ISO QUEREMOS COMPARTILAS

 

Decorando o Nadal

Os nenos e nenas de 4 anos decoramos a árbore de Nadal do cole cos adornos feitos na casa.

 

 

VISITA POR MELIDE

O pasado luns, os nenos e nenas de Educación Infantil e de 1º de Primaria visitaron o casco antigo de Melide. Visitaron algúns dos establecementos, como a librería, a panadería e a pastelería de doces tradicionais da vila. Para rematar a visita subiron ata O Castelo, no que aproveitaron para merendar, xogar un anaco, e sacar unhas fotiños. Que ben o pasamos!

VISITA A APIPOLIS

Nas últimas semanas o alumnado de 5º, 6º de Educación Infantil e 1º de EP foron de visita a Apípolis. Alí coñeceron máis sobre as abellas e a súa importancia que teñen para nos. Durante a visita os nosos nenos e nenas puideron ver unha exposición, visitar o apiario vestidos de apicultores, realizar  a extracción, colado e envasado da mel dun panal e ata facer unhas saborosas galletas de mel. Que ben o pasamos!

VISITA A LUGO

O pasado venres o alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil e o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria visitaron a Cidade de Lugo e o Museo Provincial. 

Os nenos e nenas de infantil convertéronse en cavernícolas. Fixeron unha serie de actividades artísticas dentro dunha cova trasladándose á Prehistoria

Powered by Drupal - Design by artinet