Importante: Solicítase respectar na medida do posible o horario de secretaría
Horario de Secretaría: De 13:40 a 14:30
DO 1 AO 21 DE MARZO:
Ábrese o prazo para presentar as solicitudes de admisión para o curso 2022/23.
O formulario normalizado (ED550B) será facilitado gratuitamente na secretaría do centro.
As solicitudes poderanse presentar:
- Cubrindo os formularios na aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ e presentándoos por vía electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, sempre que se dispoña de certificado dixital ou de Chave365
- Presentando a solicitude de forma presencial, en horario de secretaría e acompañarase da seguinte documentación:
1- Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a.
2- Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, de darse o caso.
3-Certificado de matrícula e certificación académica (se ven doutro centro)
NOTA INFORMATIVA
• Só se pode presentar una única solicitude por alumno/a no centro no que solicite praza no 1º lugar, na que se poden pór ata 6 centros por orde de preferencia.
• Se hai alumnado matriculado neste centro que presenta solicitude de admisión noutro, deberá comunicalo ao centro de orixe.