Fondo solidario de libros de textos e axudas para material
Segundo a ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021/22, queda aberto o prazo de presentación de solicitudes para os seguintes casos:
· Fondo Solidario de libros de texto: alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.
· Axudas para adquirir libros de texto: alumnado de 1º e 2º de Primaria.
· Axudas para material escolar: todo o alumnado de Primaria.
Para facer a solicitude cóntanse con varias posibilidades que son as seguintes:
- As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, empregando para tal fin os formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros).
- Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal).
- Opcionalmente, poderanse presentar a solicitude de xeito manual e entregala no centro ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común. Non vos esquezades de asinala.
HORARIO E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES NO CENTRO.
O horario será de 13:40h a 14:30h de luns a venres.
O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (dende o 21 de maio) e rematará o día 22 de xuño de 2021 (este incluído).
INFORMACIÓN IMPORTANTE.
Deberedes de achegar coa solicitude (ANEXO I)a seguinte documentación:
- Anexo II
- Copia do libro de familia (se non tivesen habería que entregar o volante ou certificado de convivencia)
- Para os proxenitores que estean separados, terán que presentar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador.
Se tedes algunha dúbida podedes chamar á secretaría do centro.
En adxuntos para descargar
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ANEXO I E II .pdf | 1.79 MB |