Skip to Content

Presentación solicitudes admisión alumnado curso 2021/22

Importante: Solicítase respectar na medida do posible o horario de secretaría

Horario de Secretaría: De 13:40 a 14:30

DO 1 AO 22 DE MARZO: 

Ábrese o prazo para presentar as solicitudes de admisión para o curso 2021/22. O  formulario normalizado (ED550B) será facilitado gratuitamente na secretaría do centro e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación “admisionalumnado” e na páxina web da Consellería de Educación.


Presentarase a solicitude ANEXO II (ED550B) (descargar impreso en galego ou castelán) na secretaría do centro e acompañarase da seguinte documentación:
1º- Copia do DNI do neno/nena ou Libro de familia.
2º- Certificado de matrícula e certificación académica (se vén doutro centro).
3º- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación, se é o caso.

 

NOTA INFORMATIVA
• Só se pode presentar unha única solicitude por alumno/a no centro no que solicite praza no 1º lugar, na que se poden pór ata 6 centros por orde de preferencia.
• Se hai alumnado matriculado neste centro que presenta solicitude de admisión noutro, deberá comunicalo ao centro de orixe.



paxina | by Dr. Radut