Este vindeiro Luns os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º irán a Vigo para disfrutar da obra de teatro titulada Spinderella protagonizada pola compañía "Blue Mango Theatre".
Sinopsis:
Cindy sempre quixo ser unha estrela do Pop, pero o único momento no que pode cantar é cando está cociñando e limpando para a súa horrible irmá maior, Becky. Cando a fada madriña de Cindy, A Raiña do Karaoke, a leva a un concurso de canto, parece que os seus soños se van a facer realidade. iso si a súa irmá Becky non o impide.
Esta emocionante comedia é unha versión do clásico de fadas Cincenta. O espectáculo inclúe temas como a boa alimentación, a vida activa e a persecución dos nosos soños.