Skip to Content

Biblioteca creativa

Os planetas

Velaquí o alumnado de educación infantil programando o beebot para seguir aprendendo un montón sobre os planetas!

Atrapa o dino

Na aula de 4 anos traballamos as mates dun xeito divertido con esta carreira de escornabot, para avanzar lanzámolo dado e programamos o robot para mover tantas casillas como indica o número.

Cal atrapará primeiro ao dinosaurio?

Seguimos aprendendo cos escornabots

Os maiores do cole repasan a clasificación de palabras segundo a súa sílaba tónica dun xeito lúdico empregando os escornabots.

Somos robots

Na aula de 4 anos convertémonos en robots e deixamos que os nosos compis nos programen para camiñar.

Con este xogo traballamos conteo, direccionalidade, pensamento lóxico, atención e diversión!

Mates divertidas

  

Pois claro que as mates poden ser divertidas! Se non nos credes preguntádelle ás nenas e aos nenos de 6ºB, empregaron escornabots para traballar o cálculo mental: resolvendo multiplicacións, divisións, raíces cadradas e potencias.

 

Bee-bot

 

Na aula de 4 anos seguimos dando os primeiros pasos na robótica.

Con esta abelliña, ademáis de aprender a programar, traballamos  moitos aspectos como poden ser a direccionalidade, a memoria, o conteo ou, no xogo de hoxe, asociar a fotografía coa grafía do nome propio.

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut