Skip to Content

Feliz 2024

Recomendacións lectoras

Queres descubrir as recomendacións lectoras de Daia para este Nadal?

Preme na imaxe!

Visita ao cine

Pasamos unha mañá xenial no cine "As Termas"

Podes ver máis fotografías premendo aquí.

Saída A Coruña

O alumnado de 1º, 2º e 3º de educación primaria visitou o Acuario e a Casa das Ciencias na cidade de A Coruña.

Queres ver o ben que o pasaron? Preme aquí!

Charla videoxogos e redes sociais

Na tarde de hoxe, Pilar Porral ofreceu unha charla para familias sobre videoxogos e redes sociais, dando pautas para a prevención de adición, así como para facer un bo uso das mesmas.

Podcast sobre o aire

 

Code Week

 O alumnado de 4º de educación primaria participa na Code Week programando con mblock!

Podedes ler máis información neste enlace.

 

 

Obradoiros

O vindeiro luns, 18 de decembro, na escola de nais e pais trataremos a adición a videoxogos, redes sociais…Nestes días previos, Pilar Porral de Coeduca realiza obradoiros e charlas co alumnado de primaria sobre esta temática.

Podedes ver algunha imaxe das charlas dende aquí.

Día da discapacidade

O longo do día de hoxe, o alumnado do centro seguiu realizando diferentes actividades de sensibilización con motivo do Día Mundial de persoas con discapacidade.  Visitaron a Aula sensorial creada para ocasión nun espazo da biblio, escribiron o seu nome en braille, puxéronse na pel dun neno  con discapacidade visual...

Grazas ás mestras do Departamento de Orientación do cole por organizar estas actividades tan chulas!

Ollade máis imaxes dende aquí. 

Down Lugo

A asociación Down Lugo achegouse ao cole para facer varios obradoiros e commemorar así o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

Reflexionaron sobre a diversidade a través de distintas actividades, o alumnado de infantil a partir do conto "Elmer" e o alumnado de 5º e 6º de educación primaria cun xogo de preguntas. 

Ademais de pasalo xenial aprendemos un montón!

 

 

Podedes ver máis imaxes premendo aquí. 

Distribuir contido


by Dr. Radut