Skip to Content

Cumples infantil

Hoxe, os peques do cole fixeron festaza para celebrar os cumples do 2º trimestre.

Mirade dende aquí que ben o pasaron! 

Disciplina positiva

Nunha nova sesión da Escola de Familias, Natalia Somoza ofreceunos unha charla moi dinámica, participativa e reflexiva sobre disciplina positiva. 

Agardamos con ganas a seguinte sesión! 

Equitación

O alumnado de 3º e 4º de educación primaria pasou unha xornada fantástica na "Escuela de Equitacion La Cruz" en Taboada.

 Premendo aquí veredes máis imaxes do moito que disfrutaron. 

Saint Patrick’s Day

Como cada ano, os nosos pequenos colegas Irlandeses puxéronse en contacto co noso cole para que coñecésemos a historia do Saint Patrick’S Day e ata nos retaron nunha gymkhana que tivemos que resolver para conseguir un premio que agocharon detrás do arco da vella… estes leprechauns sempre facendo das súas… ben cadra que xa somos expertos e resolvemos todas as probas. Andade con ollo a finde! Hoxe, xa foron vistos varios polo cole… 

Cómic

Conmemoramos o Día do Cómic recreando a coñecida tira cómica: “13, Rue del Percebe” creada por Francisco Ibáñez.

Cada aula elaborou un piso, quedando así de xenial! 

Podcast sobre o lume e a terra

Día Internacional da muller

Conmemoramos o 8M na nosa biblio cun recitado de poemas escritos por mulleres. As voces do alumnado soan con forza, altas e claras para seguir defendendo a igualdade.

Posteriormente, tivo lugar un acto conxunto coas compañeiras e compañeiros do IES, así como con integrantes do CIM de Palas de Rei, no que se realizou a lectura dun manifesto.

Para preparar este día, a nosa mascota Daia, recolleu unhas cantas lecturas neste recanto, que nos serviron para traballar nas aulas.

 

Teatro en Ourense

O alumnado de 5º de educación primaria acompañou ao Obradoiro Municipal de Teatro de Palas de Rei ata o Teatro Principal de Ourense, para ver a súa participación na obra "Á luz das Candeas", obra benéfica en colaboración coa ONG Meniños.

Ollade máis imaxes dende aquí.

Admisión alumnado

Ábrese o prazo para a solicitude de admisión de alumnado, para calquera consulta non dubiden en chamar ao centro: 982 87 06 28 ou 982 87 06 27

Dende os enlaces poden acceder ao seguintes documentos:

-Información sobre o proceso de admisión e vacantes ofertadas polo centro.

-Documentación a aportar.

-Solicitude para descargar e cubrir de xeito manual: ED550B-G Anexo II (dispoñible no centro)

-Tamén poden cubrir a solicitude informáticamente ou na Sede Electrónica: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

Recitamos

 Recitamos uns poemas de Rosalía de Castro na radio do cole.

Escoitade!

Distribuir contido


by Dr. Radut