A chuvia impediunos facer o desfile polo pobo neste entroido, pero pasámolo en grande igualmente, nunha xornada amenizada por Gramola... moito baile, festa e diversión con moreas de "Capitáns e Capitanas Planeta" súper orixinais.
Grazas a todas as familias pola vosa colaboración cos disfraces!!! VIVA O ENTROIDO!
Que día tan emotivo e bonito o de hoxe!!! Grazas a todas as familias pola colaboración e participación nesta carreira solidaria, a favor da Asociación Agaela.
E, por suposto, grazas a moreas a Rosa e a súa familia por acompañarnos!
Sen dúbida, un día da paz que non esqueceremos e tal e como di a canción...xuntos conseguimos "cambiar o mundo nun plisplás"
Nunha nova sesión de Escola de Familias, Pilar Porral, de Coeduca, falounos de acoso escolar ofrecéndonos consellos para detectalo, previlo e afrontalo.