Skip to Content

Admisión alumnado

Ábrese o prazo para a solicitude de admisión de alumnado, para calquera consulta non dubiden en chamar ao centro: 982 87 06 28 ou 982 87 06 27

Dende os enlaces poden acceder ao seguintes documentos:

-Información sobre o proceso de admisión e vacantes ofertadas polo centro.

-Documentación a aportar.

-Solicitude para descargar e cubrir de xeito manual: ED550B-G Anexo II (dispoñible no centro)

-Tamén poden cubrir a solicitude informáticamente ou na Sede Electrónica: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

Recitamos

 Recitamos uns poemas de Rosalía de Castro na radio do cole.

Escoitade!

Día de Rosalía

 Conmemoramos o Día de Rosalía de Castro cunha exposición de carteis sobre a biografía da escritora, elaborados por todo o alumnado do cole.

 

Recanto para Rosalía

Espazo para Rosalía na nosa biblio.

E a ti, cal che apetece ler?

 

No invernadoiro

Velaquí a recollida de verza de hoxe.

Que ganas de xantar un bo caldiño!

Mirade máis imaxes premendo aquí. 

 

Xornada portas abertas

Mural fotográfico Terra e Lume

Xa temos preparado un novo mural fotográfico do PDI "Capitán Planeta"

Neste trimestre, centrado nos elementos da Terra e lume.

Graciñas ás familias pola vosa colaboración! 

Entroido

A chuvia impediunos facer o desfile polo pobo neste entroido, pero pasámolo en grande igualmente, nunha xornada amenizada por Gramola... moito baile, festa e diversión con moreas de "Capitáns e Capitanas Planeta" súper orixinais.


Grazas a todas as familias pola vosa colaboración cos disfraces!!!
VIVA O ENTROIDO!

Mirade máis imaxes premendo aquí. 

Pautas prevención acoso

Pilar Porral, de Coeduca, ofrécenos un resumo da última charla formativa da escola de familias con pautas sobre a prevención do acoso dende a familia.

Podedes lelas premendo aquí.

 

 

Mandados do meco

 

Distribuir contido


by Dr. Radut