Skip to Content

Charla Plan Director

Seguimos traballando na empatía cara os demais, no respecto, no bo trato... Desta vez, enmarcada no plan director, a sesión centrouse na prevención e tratamento do acoso e ciberacoso co alumnado de 5º e 6º de primaria. Impartiuna Héctor, psicólogo e garda civil.

Charla Navega con rumbo

Hoxe, 2 de maio, celébrase o Día Mundial Contra o acoso escolar.

O alumnado de 5º e 6º de primaria recibiu unha sesión formativa enmarcada dentro do Programa Navega con rumbo. O obxectivo é seguir concienciando ao alumnado no uso responsable de internet e as redes sociais, dando recomendacións para unha navegación responsable e segura. Céntrase tamén na prevención do ciberacoso, na adición a videoxogos…

Lembrade que o noso centro dispón do punto laranxa (físico e virtual) para contribuír a erradicar o acoso e o ciberacoso.

Maio

Volve o maio!

Camisetas

Creamos as nosas camisetas coa máquina de corte: cricut.

Eliximos o debuxo, poñemos nome e colocámolo na camiseta!

Quedaron xenial! Mirade!

Almorzo saudable!

Comezamos o día cargándonos de enerxía e vitaminas compartindo un almorzo saudable e equilibrado no comedor do cole.

Un xeito fantástico de aprender e adquirir hábitos alimenticios saudables!

Preme aquí para acceder a máis fotos.

 

 

Semana do libro

Que sorte temos coas nosas familias!

Gracias a elas enchemos o cole de mooooitos contos nesta semana do libro.

Graciñas por vir!

 

Dende aquí podedes ver algunhas das familias que nos visitaron. 

Beatriz Campos

 Beatriz Campos volveu ao cole para contarlles fascinantes historias ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria.

Encantounos oila! 

 

Mediación

Despois do segundo día de formación a cargo de Rocío Villar, xa temos o noso propio grupo de MEDIADORES E MEDIADORAS ESCOLARES formado por  alumnado de 4°;5° e 6° de E.P.
Preparados para a resolución pacífica de conflictos no noso patio! 

Dende aquí podedes ver máis imaxes.

Disciplina positiva

Terceira sesión de disciplina positiva con Natalia Somoza, na que nos puxemos no lugar dos nenos e das nenas e reflexionamos sobre as súas necesidades, condutas... ao tempo que nos ofreceu ferramentas para abordar distintas situacións.

Contacontos

 Comezamos a semana do libro cunha visita moi xenial!

Beatriz Campos engaiolou ao alumnado de infantil, de 1º e 2º de educación primaria contándolles uns contiños!

Gracias por vir! Encantounos! 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut