Un ano máis, contamos coa compañía "face2face" para adentrarnos un pouquiño máis na cultura inglesa, desta vez en forma de teatro. Bailamos, cantamos e rimos moitísimo. Esta actividade foi subvencionada polo centro no marco do plurilingüismo.
No día de hoxe, e dentro do C. P. Inclúe EMOCIONA-T, iniciamos a formación do alumnado de 4°,5° e 6° de EP en MEDIACIÓN ESCOLAR. Este programa contará con 4 sesións impartidas por Rocío Villar, da empresa Airiños. E rematará coa creación dun grupo de mediadores e mediadoras, que poñerán en práctica a súa aprendizaxe na resolución pacífica de conflictos no noso patio e entorno.
Comunicámoslles que TODAS as solicitudes presentadas en prazo para o proceso de admisión de novo alumnado para curso 2024/25 figuran en estado ADMITIDAS.
O prazo de formalización de matrícula estará aberto do 20 ao 30 de xuño.