Curso 2016-2017

CONCERTOS NA ESCOLA: UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA

O pasado mércores tivemos a sorte de ter na nosa escola o grupo galego "Uxía lambona e a banda molona" que nos fixo vibrar coa súa música. Este é un resumo do que foi este concerto. Clica na imaxe para ver o vídeo resumo e para ver todas as fotos fai clic AQUÍ.

https://www.youtube.com/watch?v=uKX06cFGu7I

TALLER DE CONSTRUCIÓN DE INSTRUMENTOS

A semana pasada tivemos a sorte de recivir a visita de Sito, artesán musical da zona e pai de Xenxo. Así, o alumnado de infantil tivo a sorte de ver como é o proceso de construción de diferentes instrumentos como a pandeireta ou coma a gaita e as súas partes. Moitas grazas a Sito pola seu tempo e dedicación e tamén a Vanesa, a nai de Xenxo que nos acompañou no taller e tocou a pandeireta.

https://www.youtube.com/watch?v=4N4t0kOI1cA

 

https://www.youtube.com/watch?v=31dAQDGlB1U&feature=youtu.be

 

Guardar

Excursión de E. Infantil ao camping Freitas no Grove.

Aquí deixamos un breve resumo do que foi a saída do alumnado de E. Infantil ao camping Freitás en San Vicente do Mar.

 

Música no cole

O pasado venres visitou o noso cole o grupo "o viravai" co seu libro disco "As andanzas de Paio". Moitas grazas a tod@s el@s. Fai clic na imaxe para ver un resumo.

https://www.youtube.com/watch?v=TG6sevBBjEo

Guardar

Jaureguizar visita o Outeiro

O venres 5 de maio visitounos Jaureguizar, o autor de "Os sabuxos divírtense no Museo Prohibido". Neste libro o autor transpórtanos a un universo de intriga e maxia a través de Nica,a detectivesa que se adica a resolver misterios coa axuda dos seus amigos"os sabuxos".

Os alumn@s de 5º e 6º de Primaria escoitaron moitas das anécdotas contadas polo autor e puideron facerlle moitas preguntas sobre os seus libros e a súa paixón por escribir. 


Jaureguizar quedou encantado cos carteis que lle prepararon os alumn@s.Moitas grazas pola  visita.
Fai clic na imaxe para ver as fotos.

http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d111773449k6038131o1l1/jaureguizar-no-outeiro

Guardar

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2017

Aquí vai un pequeno resumo do que foi o noso festival das letras galegas. Clica na imaxe.

Easter 2017

Así despedimos o último día de cole antes de irmos de vacacións, con 3 talleres de inglés: buscando pistas no "easter egg hunt", tentando encestar ovos de pascua no "Easter egg toss" e facendo unha manualidade ben chula no "Easter arts and crafts". "I loved the Easter bunny envelope". Queredes ver as fotos? fai clic na imaxe.

 

Maios no prato

Un ano máis para festexar a Festa dos Maios e darlle así a benvida á primavera organizamos a exposición "Maios no prato", esa versión do maio en miniatura nun prato. Todos os anos as vosas achegas son realmente espectaculares , pero de verdade que non deixades de sorprendernos, moitísimas grazas pola vosa participación, entusiasmo e como non, a vosa " ARTE". Para ver as fotos fai clic na imaxe

Guardar

Apadriñamento lector

Tralo éxito doutros anos o venres pasado volvemos a desfrutar dunha mañá de apadriñamento lector con motivo da semana do libro. Coma ben sabedes nesta actividade os alumn@s de cursos superiores apadriñan a un alumn@ dos cursos inferiores para lerlle un conto. Por iso para poder ser bos padriños e madriñas o día anterior os maiores visitan aos máis pequenos para coñecerse mutuamente e saber dos seus gustos.

Que paisaxe máis bonita todas as nenas e nenos lendo xuntos nun día de sol!! Bo traballo padriños e madriñas!!! En breve subiremos a presentación con todas as fotos.

María Canosa visita o Outeiro

Hoxe 27 de abril tivemos a sorte de recibir no noso cole a autora de "Rubicundo", libro que o alumnado de 3º e 4º de Primaria traballou durante este curso. A súa presenza permitiunos afondar en todas esas curiosidades que se atopan detrás do traballo da elaboración dun libro: de onde partiu a túa inspiración?Por que o nome de Rubicundo?Cómo imaxinabas a Erea?...

María compartiu con nós os seus pequenos segredos e deixounos ansiosos por descubrir o seu novo libro: "A cazadora de estrelas".
E que mellor regalo que agasallar a cada neno/a cunha mensaxe personalizada que fará do seu libro algo único.

Moitas grazas María
. Fai clic na imaxe para ver as fotos
 

http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d109420141k3570525o1l1/mara-canosa-no-outeiro

Powered by Drupal - Design by artinet