ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2016/2017

                                    

CIRCULAR INFORMATIVA PARA PROFESORES E PAIS DE ALUMNOS SOBRE O PROCESO DE ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN PARCIAL  DO CONSELLO ESCOLAR DO CENTRO

 

Segundo a  Resolución de 26 de setembro de 2016 da Dirección Xeral de Centros e Innovación Educativa,   pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos Consellos Escolares de centros de ensino sostidos con fondos públicos.

 

Remítese información sobre normas e calendario electoral, co fin de dar cumprimento á citada Resolución.

 

·         CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

 

Membros: Director do centro, un profesor, un pai/nai/titor legal, designados por sorteo público, que se realizou o día 02 de novembro ás 09.30 h. na Secretaría do centro, quedando constituída o día 04 de novembro de 2016, ás 09:30 h.

 

·         MEMBROS QUE SE RENOVAN NO CONSELLO ESCOLAR

 

CINCO profesores elixidos polo Claustro, CINCO pais, dos cales catro son elixidos por votación e un proposto pola ANPA do centro.  Sendo aconsellable que queden alomenos tres máis como suplentes para cubrir posibles baixas que se poidan producir e  UN representante do Concello.

 

·         PROCESO ELECTORAL E CALENDARIO

               

       Publicacións dos censos:                      04.11.16

                Reclamacións dos censos:                     ata o 14.11.16

                Presentación de candidaturas:               do 04.11.16 ata  o 14.11.16 ás 14 h.  

                    Segunda reunión da xunta electoral          15.11.16  

                Sorteo dos membros da mesa electoral:    15.11.16

                Reclamacións:                                      ata o 21.11.16 ás 14,30 h.

                Resolución das reclamacións:                   21.11.16 ás 17 h.

                Proclamación de candidatos:                    22.11.16

       Claustro ordinario de Profesores:              22.11.16 ás 18,30 h. para lectura das normas do

Regulamento Electoral, así como a relación de candidatos.

 

DATAS DE CELEBRACIÓN DAS VOTACIÓNS

 

                Pais de alumnos:  martes 29.11.16  de 14 a 14:30 e desde as 16,30 ás 18 h.

 

.   As candidaturas presentaranse por escrito (os impresos facilítanse na Secretaría do Centro).

.  Cada elector fará constar na papeleta  un máximo de TRES  nomes.

.  Teñen dereito ó voto o pai e a nai ou os titores legais.

.  Para votar acreditarase a personalidade co DNI ou con outro documento oficial.

 

Profesores: martes 29.11.16  ás 18:30 h. en Claustro extraordinario.

               

 

·         PROCLAMACIÓN DOS  CANDIDATOS ELECTOS E PUBLICACIÓN DOS RESULTADOS

 

O día 30.11.16, a Xunta Electoral fará a proclamación dos candidatos electos polos distintos sectores da comunidade escolar e dará traslado das actas correspondentes ó Delegado Provincial da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

 

·         CONSTITUCIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

 

O día 13 de decembro, previa convocatoria .

 

Cesantes,  4 de novembro de 2016

                            

          A Directora

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet