Dende o día 22 ata o 30 de xuño ábrese o prazo para a formalización de matrícula do alumnado de novo ingreso.
Poden pasar polo centro en horario de mañán de 9:30h ata 14:00h.
Publicada a convocatoria do fondo Solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o curso académico 2023/2024 (ORDE. do 10 de maio,DOG venres 19 de maio do 2023 ).
Prazo de presentación: Do 20 de maio ao 21 de xuño, ámbolos dous inclusive.
Beneficiarios: Alumnado de 1º a 6º de Educación Primaria.
Forma de presentación:
-Electrónica
-Presencial con asistencia da aplicación
-Presencial manual
Documentación:
-Solicitude (en documento adxunto)
-AnexoII (xa incluído na propia solicitude )
-Fotocopia do libro de familia
-De ser o caso, sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio onde conste a custodia do menor.
Rematou o curso 2022/23 e chega o momento de facer un pequeno balance do traballado nos cursos de 4º, 5º e 6º no que se refire ao ámbito STEAM (siglas en inglés de ciencia, enxeñería, tecnoloxía, arte e matemáticas) como base do proxecto de polos creativos. Preme nas imaxes para ver os vídeos.
Este curso comezamos a traballar cos xogos de mesa e programación de accións e linguaxe computacional en 4º, 5º e 6º como paso previo á programación en programas como scratch… utilizando xogos como o globe twister, mouse manía, robot turtles, scottie go, algoracing…
Traballamos coa robótica a diferentes niveis utilizando o robot Mbot e diferentes sensores para traballar proxectos STEAM en 5º. Proxecto segue liñas.
Participamos este curso en Digicraft coa realización de diferentes actividades para 5º e 6º xa que o material que utilizamos é a placa makey makey polo que o proxecto de digicraft se relaciona co de polos creativos ao compartir o mesmo material.
En 6º tamén utilizamos os lego WeDo para facer diferentes proxectos STEAM de montaxe e programación.
Informamos que TODO o alumnado que realizou o proceso de admisión dentro do prazo ordinario está ADMITIDO.
A listaxe do alumnado está publicada no centro.
Informamos que TODO o alumnado que realizou o proceso de admisión dentro do prazo ordinario, está ADMITIDO.
O 16 de maio publicaranse as listaxes definitivas.
Queridas familias.
O vindeiro martes día 14/03/22 pola tarde faremos unha pequena presentación da aula de polos creativos, un espazo de nova creación no centro neste curso 2022/23 arredor do ámbito STEAM. A presentación NON é para o alumnado, soamente para as familias. Para a presentación faremos dúas quendas cunha duración de 75 min aproximadamente en cada unha delas. A primeira quenda será en horario de 16.30h - 17.45h e a segunda quenda de 17.45 a 19.00h. Cada quenda terá unha ocupación máxima de 20 persoas e so poderán participar o pai, a nai ou pai e nai de cada alumno/a. En cada unha das quendas, faremos unha pequena presentación do material e recursos da aula e remataremos cunhas actividades de carácter lúdico utilizando algún material desta aula.
Para poder inscribirse é necesario enviar un correo electrónico a miguelotero@ceipouteirodaspenas.com indicando:
Nome do pai/nai ou dos dous:
Nome e curso do/a alumno/a:
Quenda escollida: 16.30-17.45 ou 17.45-19.00h
A participación será por orde de inscrición ata completar aforo. Se confirmará a asistencia ou non no mesmo correo.
Guardar
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |