VISITA DE XAVIER ESTÉVEZ

O luns 30 de abril recibimos a visita do autor Xavier Estévez,autor do libro "Avións de papel" que foi o escollido este ano polas nenas e nenos de 5º e 6º para a actividade "4 libros,4 autores". Durante algo máis dunha hora as nenas e nenos puideron falar co autor sobre o que lles pareceu o libro e mesmo preguntarlle directamente aspectos e dúbidas relacionados co libro e co autor en si.Respondeu a todo moi amablemente. Ao final do acto se lle entregou un marcapáxinas co seu nome gravado,como recordo do seu paso polo cole e ,tras asinar no libro de visitas,  procedeuse á sinatura dos libros .

 

Powered by Drupal - Design by artinet